Diferenzas entre revisións de «Liña internacional de cambio de data»

sen resumo de edición
(coloco a lig ext como referencia)
 
==Cambio de data en Samoa e Tokelau==
O 30 de decembro do ano [[2011]] tivo lugar un cambio da devandita liña internacional de cambio de data, tendo lugar un salto de un día en [[Samoa]] e en [[Tokelau]] (arquipélago dependente de [[Nova Zelandia]]): ó rematar o día 29 de decembro, Samoa e Tokelau pasaron directamente ó día 31 de decembro<ref>[[http://www.elpais.com/articulo/internacional/dia/perdido/Samoa/elpepiint/20110512elpepiint_10/Tes ''El día perdido de Samoa''], artigo en ''[[El País]]'', 12 de maio de 2011 {{es}}.</ref>.
 
A razón destes cambios vén do comercio con [[Australia]] e Nova Zelandia. Anteriormente, estes dous países atopábanse ó outro lado do meridiano de cambio de hora, o cal dificultaba os negocios entre eles e os samoanos (había 21 horas de diferenza entre ámbalas dúas partes). Co cambio de data, ponse solución a este problema, sendo agora a data igual entre Australia, Nova Zelandia, Samoa e a dependencia neozelandesa de Tokelau.
186.610

edicións