José Domingo Cipriano Oreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
lig int
Liña 4:
Licenciado en [[Historia]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], estudou [[pedagoxía]] e comezou a dar clase para rapaces con dificultades cognitivas no IES de [[Carnota]].
 
Militante do [[Partido Popular de Galicia]], foi elixido deputado autonómico nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993|eleccións galegas de 1993]]. Permeneceu durante dous anos na cámara do Hórreo, ata que en [[1995]] foi elixido [[alcalde]] de [[Carnota]] nas [[Eleccións Municipais 1995 en Galicia|municipais dese ano]], ao obter a súa agrupación política 6 [[concelleiro]]s.
 
En [[2004]] integrou a candidatura do [[Partido Popular de Galicia]] ao [[Congreso dos Deputados]] nas [[Eleccións Xerais 2004 en España|xerais dese ano]], e resultou elixido. Volvería a ser o alcalde de [[Carnota]] logo das [[Eleccións Municipais 2007 en Galicia|eleccións de 2007]], cando obtivo 7 concelleiros, despois do mandato de [[Xosé Manuel García Martínez]], do [[BNG]]. Abandonou o Congreso en [[2008]], e a alcaldía en [[2011]], cando foi substituído á fronte do concello carnotán por [[Ramón Noceda Caamaño]], do [[BNG]], que xa fora o alcalde da vila entre [[1983]] e [[1989]].