Arteria braquial fonda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
engado ligazóns
Liña 1:
[[Ficheiro:Gray525.png|thumb|200px|Arteria braquial fonda]]
 
A '''arteria braquial fonda''' ou '''arteria umeral fonda''' é unha [[arteria]] do [[membro superior]] humano. É a maior póla da [[arteria braquial]].
 
== Características ==
Diríxese ao compartimento posterior do [[brazo]]. Entra no compartimento xunto co [[nervio radial]] a través do [[Espazo triangular escapular|espazo triangular]], que está formado polo corpo do [[úmero]], o bordo inferior do [[músculo redondo maior]] e o bordo lateral da porción longa do [[tríceps braquial]]. A continuación sitúase na canle radial, por debaixo do tríceps.
 
As pólas da arteria umeral fonda irrigan os [[músculos]] próximos e se anastomosan coa [[arteria circunflexa umeral posterior]]. A arteria termina a nivel do [[cóbado]], onde dá lugar a dúas pólas que forman un plexo vascular en torno ao [[cóbado]].
 
[[Categoría:Arterias]]