Radio (óso): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: zh-min-nan:Jiâu-kut; cambios estética
Silverfox (conversa | contribucións)
pequenas correcións + ligazóns varias
Liña 15:
DorlandsSuf = |
}}
O '''radio''' é o [[óso]] externo do [[antebrazo]]. Trátase dun óso longo. O radio humano ten a seguinte estrutura:
 
== Estrutura ==
* '''Epífise superior''': contén unha [[cúpula radial|cúpula]], un pescozo e unha [[tuberosidade radial|tuberosidade]]. A cúpula artéllase co cóndilo umeral, o pescozo está rodeado polo [[Ligamento anular do cóbado|ligamento anular]] (que provén do [[cúbito]]) e na tuberosidade insírese o [[bíceps braquial]].
* '''Diáfise''': presenta tres superficies e tres bordos:
** Superficie anterior: insírese o [[Músculo flexor longo do polgar da man|flexor longo do primeiro dedo]]. Por debaixo atópase o burato nutricio do óso e no terzo inferior o [[músculo pronador cadrado]].
** Superficie posterior: insírense o abdutor e extensor longos do primeiro dedo. Na parte máis externa áchanse as febras de inserción do [[músculo supinador curto]].
** Superficie externa: insírense o [[músculo supinador curto]] e o [[músculo pronador redondo]].
** Bordo interno: insírese a [[membrana interósea do antebrazo|membrana interósea]].
** Bordo antero-externo e antero-interno.
* '''Epífise inferior''': é dunha superficie moito maior ca da epífise superior. Presenta seis superficies:
** Superficie superior: continúase co resto do óso.
** Superficie inferior: artéllase co [[escafoide (carpo)|escafoide]] e co [[óso semilunar|semilunar]]. Entre as dúas superficies articulares hai un relevo: crista radio-escafo-lunar.
** Superficie anterior: insírese o [[músculo pronador cadrado|pronador cadrado]].
** Superficie posterior: consta de dúas zonas de paso:
*** Posterior: pasan o [[Músculo extensor do índice|extensor propio do índice]], [[Músculo extensor dos dedos|extensor común dos dedos]] e [[Músculo extensor longo do polgar|extensor longo do polgar]].
*** Postero-externa: pasan os tendóns dos [[Músculo primeiro radial externo|primeiro]] e [[Músculo segundo radial externo|segundo radiais externos]], [[músculo abdutor longo do polgar]] e [[músculo extensor curto do polgar]].
** Superficie interna: artéllase co [[cúbito]].
** Superficie externa: continúase coa [[apófise estiloide do radio|apófise estiloide]], na que se insire o [[músculo supinador longo|supinador longo]].
 
== Articulacións ==
''Artigo principal'': [[Cóbado]]
''Artigo principal'': [[Articulacións radio-cubitais|Articulacións radiocubitais]]
* Co [[úmero]], formando parte do cóbado.
* Co [[cúbito]], formando as articulacións radio-cubitais.