Diferenzas entre revisións de «Liña internacional de cambio de data»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: hif:International Date Line)
 
A '''Liña Internacional de Cambio de Data''' é unha liña irregular imaxinaria na superficie da [[Terra]] trazada sobre o [[océano Pacífico]], próxima ó [[meridiano]] 180, que cando se cruza supón o cambio de data (exactamente un día). Pasar a liña de leste a oeste fai que a data cambie ó día seguinte (perda dun día). Ó revés fai gañar un día. A súa necesidade radica na forma de variar a hora, cara ó Leste (máis temperán), ó Oeste máis tarde (en relación ó [[meridiano de Greenwich]]). Esta liña pasa polo [[Estreito de Bering]] entre [[Alasca]] e [[Siberia]], polo que ambas teñen diferentes datas, pero a maioría do percorrido transcorre en medio do océano e non dificulta o mantemento de ningunha hora local.
 
== Cambio de data en Samoa e Tokelau ==
 
O 30 de decembro do ano [[2011]] tivo lugar un cambio da devandita liña internacional de cambio de data, tendo lugar un salto de un día en [[Samoa]] e en [[Tokelau]] (arquipélago dependente de [[Nova Zelandia]]: ó rematar o día 29 de decembro, [[Samoa]] e [[Tokelau]] pasaron directamente ó día 31 de decembro.
 
A razón destes cambios vén do comercio con [[Australia]] e [[Nova Zelandia]]. Anteriormente, estes dous países atopábanse ó outro lado do [[meridiano]] de cambio de hora, o cal dificultaba os negocios entre eles e os [[samoanos]] (había 21 horas de diferenza entre ámbalas dúas partes). Co cambio de data, ponse solución a este problema, sendo agora a data igual entre [[Australia]] e [[Nova Zelandia]] e [[Samoa]] e a dependencia [[neozelandesa]] de [[Tokelau]].
 
[[Categoría:Xeografía]]
97

edicións