Libro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: la:Liber
Liña 9:
[[Ficheiro:Estrangela.jpg|thumb|250px|Manuscrito en pergameo.]]
As orixes do libro hai que buscalas nas civilizacións mesopotámicas (tabletas de arxila) e na civilización [[Exipto|exipcia]] (rolo de papiro). En [[Roma Antiga|Roma]] empregáronse con frecuencia as taboíñas enceradas que, unidas unhas a outras, formaban un libro, aínda que desde o século III a.C. e ata o século V d.C. foi moi frecuente a forma de rolo tamén en Roma.
Tamén desde o século I a.C. comezou a empregarse en Roma unha nova forma: o ''codex'', no que as follas de papiro se superpoñen e cosen polo bordebordo, de xeito parecido ás ligazóns nas taboíñas enceradas, pero con maior cantidade de follas, podendo pasalas con facilidade. A fraxilidade do papiro, que facía que os bordes se rompesen, solucionouse coa introdución do [[pergameo]], máis axeitado que o papiro para recibir a escritura polas dúas caras.
 
Pódese dicir que as variacións na forma do libro foron considerables, como o foron os [[materiais de escrita]], ata chegar á forma [[códice]], na que hoxe o coñecemos.