Historia de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Etimoloxía: Síncope (lingüística)
m →‎Séculos VII - XV: Foro (contrato)
Liña 53:
Outro momento importante na historia de Pontevedra é o que corresponde co reinado en Galiza de [[Fernando II de León|Fernando II]] durante a última parte do [[século XII]]. Neste momento produciuse unha certa reactivación da actividade comercial debido á restauración de camiños e pontes, e parello a este fenómeno o lugar hoxe ocupado pola cidade volveu ser poboado, despois de pasar por un período de certo baleiro no alto medievo.
 
Unha escritura do [[Mosteiro de Lérez]] datada en [[1141]], dá testemuño da existencia dun lugar denominado '''Pontus Veteri''', en alusión directa á vella ponte romana, en desuso a causa da súa ruína. Esta ponte comezaría a ser reemprazada por outra medieval -a que hoxe se pode ver modificada- no mesmo ano en que Fernando II outorga o [[Foro (contrato)|foro]] aos habitantes da vila ([[1169]]). Desaparece así, todo rastro visíbel da construción romana que dera orixe e nome á cidade.
 
Na actualidade non se conserva o foro orixinal de Fernando II, senón unha confirmación de [[Afonso X]] do ano [[1264]]. Os privilexios e exencións que se lle foron concedendo á cidade actuaron como importantes dinamizadores da súa actividade económica. Entre as concesións destacan o monopolio da fabricación de [[saín]] en Galiza, así como da cura do peixe (non da [[salga]]) ([[1229]]) e a adxudicación do porto de carga e descarga de Galiza ([[1452]]).