Karl Landsteiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
traducido de es:wiki
 
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
== Traxectoria ==
Realizou a súa licenciatura e doutoramento en [[Medicina]] en Viena. Ó terminar os seus estudos traballou nos Laboratorios de Química Médica de [[Zúric]]. Na Universidade de Viena ocupou a cátedra de [[Anatomía Patolóxica]]. De 1908 a 1920, Landsteiner foi prosector no Wilhelminenspital de Viena, e en 1911 prestou xuramento como profesor asociado de Anatomía patolóxica. Durante ese tempo descobre -en cooperación con [[Erwin Popper]]- o caracter infeccioso da [[poliomielite]], e aílla o poliovirus.<ref>Landsteiner, K. und Popper, E. ''Übertragung der Poliomyelitis acuta auf Affen''. ''In Zeitschrift für Immunitätsforschung und experimentelle Therapie'' (''Transferencia da poliomielite aguda ós monos''. En Xornal de Inmunoloxía e Terapéutica Experimental, Vol 2 (1909), pp. 377-390</ref> En recoñecemento a este descubrimento revolucionario, que deu a base para a loita contra a polio, foi póstumamente introducido no [[Polio Hall of Fame]] de Warm Springs, [[Xeorxia - Georgia|Xeorxia]] dedicándollo en xaneiro de 1958.
 
Outro dos seus campos de investigación foi a xenética do sangue humano que comparou coa dos simios.<ref> Speiser, Karl Landsteiner, p. 24 </ref> Landsteiner observou que ó mesturar o sangue de dúas persoas había ocasións en que os glóbulos vermellos aglutinábanse formando grumos visibles. Analizou o sangue dun total de 22 persoas, incluíndo a súa e a de cinco colaboradores do seu laboratorio, para o que procedía a separar o soro do sangue total, lavaba despois os glóbulos vermellos e mergullábaos nunha solución de soro salino fisiolóxico. A continuación ensaiaba cada soro cos diferentes glóbulos vermellos obtidos e tabulaba os resultados. Chegou así a descubrir tres tipos distintos de hematíes, denominados A, B e O, que daban lugar a reaccións de aglutinación. Estes achados realizounos en Viena cara a 1901. Dous anos máis tarde, dous discípulos seus, [[Alfredo de Castello]] e [[Adriano Sturli]], analizando 155 mostras (de 121 pacientes e 34 controis sans), descobren un cuarto grupo, ó que chaman AB, sen poder aglutinante.