Filipe I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Granada, España
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
Entre tanto, Xoana mostra visos de loucura, segundo algúns polos ciumes que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as [[Cortes]] reunidas en [[Valladolid]] se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (máis non ata consideralo un [[valido]]) foi un escuro nobre, o [[señor]] de [[Belmonte]], de nome [[Juan Manuel, señor de Belmonte|Juan Manuel]].
 
A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos [[bolosbirlos]], tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Sen embargo, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.
 
[[Fernando o Católico]] aproveitou o débil estado mental da súa filla para encerrala no pazo de [[Tordesillas]] (Valladolid), do que xa no sairá ata a súa morte, para converterse en [[rexente]] dos reinos castelán-leoneses.