Camillo Golgi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
[[Ficheiro:Golgi Hippocampus.jpg|thumb|O [[hipocampo]] do [[cerebro]], por Camillo Golgi.]]
 
'''Bartolomeo Camillo Emilio Golgi''', nado en [[Corteno Golgi]], ([[Italia]],) o [[7 de xullo]] de [[1843]] e finado en [[Pavía]] o [[21 de xaneiro]] de [[1926]], foi un [[médico]] e [[citólogo]] [[italia]]no.
 
== Traxectoria ==
Fillo dun funcionario do departamento médico, estudou medicina na Universidade de [[Pavía]], onde se graduou en [[1865]]. Traballou algún tempo na clínica psiquiátrica do [[criminólogo]] [[Cesar Lombroso]], pero pronto se interesou pola [[histoloxía]]. En [[1872]] comezou a traballar no pavillón de incurabeisincurábeis dun hospital de [[Abbiategrasso]]. Exerceu como profesor de [[anatomía]] nas Universidades de [[Turín]] e [[Siena]] e como catedrático de histoloxía na de [[Pavía]], da que chegou a ser decano da Facultade de Medicina e reitor.
 
A pesar dos escasos medios con que contaba, logrou importantes resultados cos seus experimentos, entre os que destaca o método da [[tintura]] mediante [[nitrato de prata]], que supuxo unha revolución no estudo en laboratorio dos tecidos nerviosos. Empregando este método, identificou unha clase de célula nerviosa dotada dunhas extensións (ou [[dendritas]]) mediante as cales se conectan entre si outras células nerviosas. Este descubrimento permitiu a [[Wilhelm von Waldeyer-Haltz]] formular a hipótese de que as células nerviosas son as unidades estruturais básicas do [[sistema nervioso]], hipótese que máis tarde demostraría [[Santiago Ramón y Cajal]], quen desenvolveu a [[teoría neuronal]].
Liña 46:
 
[[Categoría:Premio Nobel de Medicina]]
[[Categoría:Médicos de Italia]]
 
[[ar:كاميلو غولجي]]