Ella Fitzgerald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hy:Էլլա Ֆիցջերալդ
Xosema (conversa | contribucións)
m intraenlace correxido
Liña 1:
[[Ficheiro:Ella Fitzgerald 1940.jpg|thumb|300px|Ella Fitzgerald fotografiada por [[Carl Van Vechten]], 1940.]]
[[Ficheiro:EllaFitzgeraldvv.jpg|thumb|300px|]]
'''Ella Jane Fitzgerald''', coñecida como '''Ella Fitzgerald''' e alcumada '''Lady Ella''' e '''The First Lady of Song''' (''A primeira dama da canción''), nada en [[Newport News]] o [[25 de abril]] de [[1917]] e finada en [[Beverly Hills, California|Beverly Hills]] o [[15 de xuño]] de [[1996]], foi unha cantante estadounidense de [[jazz]]. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe [[swing]], [[blues]], [[bossa nova]], [[samba]], [[gospel]], [[Calipso (música)|calipso]], cancións de nadal, [[pop]] etc.
 
Canda [[Billie Holiday]] e [[Sarah Vaughan]], está considerada como a cantante máis importante e influínte da historia do [[jazz]] (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres [[oitavas]], destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no [[scat]], técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o [[bop]]. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de [[Frank Sinatra]], coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os ''songbooks'' de [[Duke Ellington]], [[Cole Porter]], [[Johnny Mercer]], etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.