Ulises: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: eu:Ulises
Xosema (conversa | contribucións)
Liña 19:
Após a derrota dos troianos, iniciou unha viaxe de dez anos de volta para Ítaca - onde a súa muller o espera cunha fidelidade obstinada, a pesar da demora. Esa viaxe mereceu a creación por Homero do poema épico [[A Odisea]], no cal se narran as aventuras e desventuras de Odiseo e a súa tripulación desde que deixan Troia, algunhas causadas por eles e outras grazas á intervención dos [[Divindade|deuses]].
 
Cando cegaron o [[Ciclope (Mitoloxía)|ciclope]] [[Polifemo]], despertaron a ira de [[Poseidón]], que os atormentou por anos. Despois, aínda tentado voltar para Ítaca, acabou indo para a illa de [[Calipso (mitoloxía)|Calipso]], unha muller que o aprisionou na súa illa durante anos e non o soltaría de alá até que el se casase con ela. Porén, el non aceptou, e ficou varios anos na illa, até que conseguiu fuxir.
 
Coa axuda de [[Zeus]] e doutros deuses, Odiseo chegou á casa soíño para encontrar a súa esposa Penélope, importunada por pretendentes. Disfrazado como [[mendigo]], primeiro verificou se Penélope lle era fiel e, en seguida, matou os pretendentes á súa sucesión, limpando o [[palacio]]. Con iso, iniciouse unha batalla final contra as familias dos homes mortos, mais a paz foi restaurada por [[Atenea]].