Sacerdote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.3) (Bot: Engado: gn:Pa'i, lv:Priesteris, vi:Linh mục
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante. O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura.
 
En [[Galicia]] recibe popularmente os nomes de ''crego'', ''cura'' ou, debido á influencia dos frades bieitos, ''abade''.
 
 
== Definición e características ==
 
O sacerdote é sempre un intermediario entre o ámbito da divinidade ou da trascendencia, e o ámbito terrenal. A súa formación, nomeamento ou autoridade da que está investido o autorizan a un contacto moi cercano cos distintos deuses, que lle está vedado ao resto da poboación.
 
O sacerdote caracterízase por:
* Pertence a unha relixión organizada e institucionalizada, o que o diferencia de outras figuras similares como o [[chamanismo|chamán]].
* Forma parte dun grupo restrinxido e xerarquizado.
* O acceso a condición de sacerdote implica o cumprimento dunha serie de requisitos. Que poden ir desde o coñecemento do corpo doutrinal da relixión correspondente ata a pertenza a unha determinada caste, coma os bramáns da [[India]], ou a pertenza a un determinado xénero, coma os sacerdotes católicos, que deben ser varóns.
* Ten un réxime de vida distinto do resto da poboación, o que se reflicte, por exemplo, no feito de levar vestimentas propias ou en determinadas obrigas especiais.
 
==Véxase tamén==