René Arnoux: Diferenzas entre revisións

piloto francés de Fórmula Un
Contido eliminado Contido engadido
a primeira edición deste artigo procede total ou parcialmente dunha tradución de en:René Armoux e pt:René Arnoux
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2011 ás 23:10

Modelo:Expiloto de F1

René Arnoux Alexandre (nado o 04 de xullo de 1948 en Pontcharra, Isère) é un ex piloto francés de Fórmula Un. En 2006 correu na tempada inaugural da fórmula Grand Prix Masters para os pilotos xubilados de F1.

Biografía

Arnoux competiu na Fórmula Un de 1978 a 1989, obtendo 7 vitorias, 18 pole positions, 22 podios e 181 puntos en toda a súa carreira. Competiu na GP Masters, ao lado doutros veteranos da Fórmula 1.

Antes da Fórmula 1

Entusiasmouse cedo polo automobilismo, e en 1976 disputaba a Fórmula 2, onde foi subcampión, cun punto menos que o vencedor e futuro compañeiro de equipo, Jean-Pierre Jabouille. En 1977 volta á carga e gaña o Europeo de Formula 2 con autoridade. [1].


Martini e Surtees (1978)

En 1978, comeza a súa carreira na Formula 1. Pero, o pequeno equipo Martini non tiña condicións para máis altos voos, e antes que acabe a tempada, retírase da competición. Despois vai substituír o accidentado italiano Vittorio Brambilla en Surtees, mais este equipo tamén está nas súas horas finais, e pouco había que facer. Non logrou puntuar.

Renault (1979-1982)

Para a tempada 1979, Renault escólleo para que sexa o seu segundo piloto, e a primeira oportunidade que ten para brillar é no gran Premio de Francia en Dijon-Prenois, onde a batalla final polo segundo lugar, co Ferrari do canadense Gilles Villeneuve é hoxe en día considerada como unha das máis brillantes batallas da historia do automobilismo. Non venceu a batalla contra Villeneuve, mais deixou seu nome estampado na Fórmula 1. O 3º lugar final dálle o seu primeiro podio, feito que repite no GP de Inglaterra en Silverstone, acaba en 2º, detrás do Williams do suízo Clay Regazzoni. En Austria, consegue a súa primeira pole position, posición que repite en Holanda. En Watkins Glen, o GP dos Estados Unidos, a última proba do campionato, termina 2º. Termina o campionato en 8º lugar con 17 puntos, conseguindo: dúas poles, tres podios e dúas voltas rápidas.

En 1980, ten un inicio de tempada fabuloso: gaña en Interlagos, o GP do Brasil, súa primeira vitoriaa, e no GP de Sudáfrica en Kyalami, colocándose á fronte do campionato do Mundo. Mais esta euforia dura até a 5ª carreira, o GP de Bélxica, e despois diso, o mellor que consegue é un 2º en Holanda. Termina o campionato en 6º lugar con 29 puntos: dúas vitorias, tres podios, dúas poles e catro voltas rápidas.

Para o campionato de 1981, Arnoux conta cun novo compañeiro de equipo e compatriota: Alain Prost. O mozo francés do coche número 15 mostra do que esta feito, e rapidamente consegue ser mellor que él. O mellor que consegue Arnoux é ser 2º en Austria. Finaliza o campionato en 9º lugar con 11 puntos. Para iso, obtivo: catro pole positions e unha volta rápida.

Na temporada de 1982, Arnoux ve o ascenso de Prost a primeiro piloto, despois de gañar as dúas primeiras probas do campionato: África do Sur e Brasil, (en función das desclasificacións dos coches de: Nelson Piquet (vencedor) e Keke Rosberg (2º colocado)). Para empeorar as cousas, nesa altura, o francés do coche número 16 non consegue máis que un 3º lugar. Esa tensión chega ao auxe no gran Premio de Francia dese ano: o equipo decidira que Arnoux debería deixalo pasar en mellor situación no campionato. Ora, Arnoux, que fixera a pole position, pensou que tal idea era ultraxante e non acatou a orde. Resultado: Arnoux venceu a proba, pero practicamente custoulle o posto e comezou a procurar equipo para o próximo ano.

Arnoux aínda foi 2º en Alemaña en Hockenheim e venceu en Italia en Monza. Ficou en 6º lugar na clasificación xeral con 28 puntos. Para iso, fixo: cinco pole positions, catro podios e unha volta rápida. Tras a última proba, deixou o equipo.

Ferrari (1983-1985)

O seu novo equipo para 1983 foi Ferrari. A súa rapidez non pasara desapercibida ao Comendatore Enzo Ferrari e formou un dúo totalmente francés ao lado de Patrick Tambay. Domina rapidamente a seu compañeiro de equipo vencendo tres Grandes Premios: Canadá, Alemaña e Holanda. Foi a súa mellor tempada o ano de estrea do seu novo equipo, pois tras o 2º no GP de Italia, o piloto do coche vermello número 28 estaba 2 puntos detrás do seu compatriota Alain Prost de Renault. A gran oportunidade de Arnoux de ser o primeiro piloto francés en conquistar o título era excepcional, mais na penúltima carreira, o GP de Europa en Brands Hatch, se diluiu na subida da curva Surtees, así que abriu a 19ª volta. Perdendo moitas posicións, fixo unha enorme carreira de recuperación e non pontuou co 9º lugar obtido, descendendo á 3ª posición no campionato. Necesitaba dunha vitoria na última carreira, o GP de Sudáfrica, e que Prost terminase 6º e Piquet 4º. Na carreira, a oportunidade de ser campión durou só 9 voltas, cando o motor italiano estourou e deixou a seus rivais na loita. O 3º lugar no campionato con 49 puntos foi o mellor en toda a súa carreira con: tres vitorias, sete podios, catro pole positions e dúas voltas rápidas. Aínda que non ficase coa copa, polo menos fixo que o seu equipo xunto con seu compañeiro conquistara o título de construtores, algo que só conquistaría novamente 16 anos máis tarde.

O campionato de 1984, o coche perde algunha competitividade en favor da McLaren e da Lotus. Arnoux non gaña, non fai poles, non lidera ningunha volta e o mellor que obtivo son dous 2º lugares en: San Marino e Dallas. O seu novo compañeiro de equipo, Michele Alboreto, aínda gaña unha carreira. Clasificouse en 6º no Mundial con 27 puntos: catro podiuns e dúas voltas máis rápidas.

Para a temporada de 1985, na carreira de abertura, o gran Premio do Brasil, Arnoux comezaba cun bo 4º lugar. Mais mal el sabía que iso sería a súa última proba coa Ferrari? antes do GP de Portugal, misteriosamente, a cúpula ferrarista dispensa os seus servizos, substituíndoo polo sueco Stefan Johansson. Fica o resto do ano sen competir con só 3 puntos na etapa brasileira e o 18º lugar no Mundial de PilotosO piloto do día: René Arnoux.

Ligier (1986?1989)

Regresa á competición polas mans da Ligier e o potente motor Renault Turbo no campionato de 1986. Ten 37 anos e a súa rapidez continúa intacta. Coloca o seu coche regularmente nos puntos, mais non alcanza ningún podium. Termina o ano con 17 puntos, dándolle un 10º lugar.

Continúa no equipo en 1987, mais ela está en declínio, porque non podía contar co propulsor francés, que se retirou da categoría. En princípo, o equipo contaría co motor Alfa Romeo, mais o propio piloto rexeitou que o equipo utilizáseo no Mundial, pois nas probas se mostrou moi feble. Rapidamente, o equipo de Guy Ligier fechou coa Megatron, a preparadora dos BMW Turbo. Con iso, o equipo non estivo presente na carreira de abertura, o gran Premio do Brasil. A participación dela comezou na segunda etapa en San Marino. No troco de motores, o piloto conseguiu terminar só cinco probas, mais unha concluíu nos puntos co 6º na Bélxica, acabando o campionato en 17º lugar con 1 punto.

Na temporada de 1988, o equipo troca novamente de motor e parte para o aspirado Judd V8, (a estrea do propulsor na categoría). Seu compañeiro de equipo foi aquel que o substituíu definitivamente tres anos atrás a partir da carreira de Portugal: o sueco Stefan Johansson. Co novo motor, Arnoux termina cinco probas, mais ningún punto conquistado.

O turbo foi proscrito no campionato de 1989, e todos os equipos tiña que usar motor aspirado. O equipo troca unha vez máis o motor; agora era o Ford Cosworth V8. O terceiro ano de Ligier, o piloto encontrou moitas dificultades para clasificar o coche no grid, pois era nas últimas filas chegando a ter a compañía de pilotos como Nelson Piquet?. O francés do coche número 25 non se alinhou por sete etapas e só nove obtivo éxito; concluíu seis carreiras, mais só unha foi nos puntos co honrável 5º lugar no gran Premio do Canadá, debaixo de choiva. Encerra o campionato en 22º lugar con 2 puntos e tamén é o final de súa carreira na Formula 1 con 41 anos.

Tras a Fórmula 1

Arnoux montou un negocio ben sucedido de pistas de karting indoor un pouco por toda a Francia. Neste momento teñen catro pistas a funcionar, dúas na rexión parisiense, unha en Lión e outra en Marsella. Ao final de 2006, decidiu volver a colocar o casco ao participar no Grand Prix Masters, a Formula 1 con máis de 45 anosO piloto do día: René Arnoux.

Estatísticas

  • Largadas na Formula 1: 149
  • Todos os GPs: 164
Vitorias na Fórmula 1


Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 WDC Points
1978 Automobiles Martini Martini MK23 Ford Cosworth DFV ARG
BRA
RSA
DNQ
USW
MON
DNPQ
BEL
9
ESP
SWE
FRA
14
GBR
DNP
GER
DNPQ
AUT
9
NED
Ret
ITA
NC 0
Durex Team Surtees Surtees TS20 USA
9
CAN
Ret
1979 Equipe Renault Elf Renault RS01 Renault V6 (t/c) ARG
Ret
BRA
Ret
RSA
Ret
USW
DNS
ESP
9
BEL
Ret
8th 17
Renault RS10 MON
Ret
FRA
3
GBR
2
GER
Ret
AUT
6
NED
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
2
1980 Equipe Renault Elf Renault RE20 Renault V6 (t/c) ARG
Ret
BRA
1
RSA
1
USW
9
BEL
4
MON
Ret
FRA
5
GBR
NC
GER
Ret
AUT
9
NED
2
ITA
10
CAN
Ret
USA
7
6th 29
1981 Equipe Renault Elf Renault RE20B Renault V6 (t/c) USW
8
BRA
Ret
ARG
5
SMR
8
BEL
DNQ
9th 11
Renault RE30 MON
Ret
ESP
9
FRA
4
GBR
9
GER
13
AUT
2
NED
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
CPL
Ret
1982 Equipe Renault Elf Renault RE30B Renault V6 (t/c) RSA
3
BRA
Ret
USW
Ret
SMR
Ret
BEL
Ret
MON
Ret
DET
10
CAN
Ret
NED
Ret
GBR
Ret
FRA
1
GER
2
AUT
Ret
SUI
Ret
ITA
1
CPL
Ret
6th 28
1983 Scuderia Ferrari Ferrari 126C2B Ferrari V6 (t/c) BRA
10
USW
3
FRA
7
SMR
3
MON
Ret
BEL
Ret
DET
Ret
CAN
1
GBR
5
3rd 49
Ferrari 126C3 GER
1
AUT
2
NED
1
ITA
2
EUR
9
RSA
Ret
1984 Scuderia Ferrari Ferrari 126C4 Ferrari V6 (t/c) BRA
Ret
RSA
Ret
BEL
3
SMR
2
FRA
4
MON
3
CAN
5
DET
Ret
DAL
2
GBR
6
GER
6
AUT
7
NED
11
ITA
Ret
EUR
5
POR
9
6th 27
1985 Scuderia Ferrari Ferrari 156/85 Ferrari V6 (t/c) BRA
4
POR
SMR
MON
CAN
DET
FRA
GBR
GER
AUT
NED
ITA
BEL
EUR
RSA
AUS
17th 3
1986 Equipe Ligier Ligier JS27 Renault V6 (t/c) BRA
4
ESP
Ret
SMR
Ret
MON
5
BEL
Ret
CAN
6
DET
Ret
FRA
5
GBR
4
GER
4
HUN
Ret
AUT
10
ITA
Ret
POR
7
MEX
15
AUS
7
10th 14
1987 Ligier Loto Ligier JS29B Megatron Straight-4 (t/c) BRA
SMR
DNS
BEL
6
MON
11
DET
10
19th 1
Ligier JS29C FRA
Ret
GBR
Ret
GER
Ret
HUN
Ret
AUT
10
ITA
10
POR
Ret
ESP
Ret
MEX
Ret
JPN
Ret
AUS
Ret
1988 Ligier Loto Ligier JS31 Judd V8 BRA
Ret
SMR
DNQ
MON
Ret
MEX
Ret
CAN
Ret
DET
Ret
FRA
DNQ
GBR
18
GER
17
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
13
POR
10
ESP
Ret
JPN
17
AUS
Ret
NC 0
1989 Ligier Loto Ligier JS33 Ford Cosworth DFR BRA
DNQ
SMR
DNQ
MON
12
MEX
14
USA
DNQ
CAN
5
FRA
Ret
GBR
DNQ
GER
11
HUN
DNQ
BEL
Ret
ITA
9
POR
13
ESP
DNQ
JPN
DNQ
AUS
Ret
23rd 2
  • ‡ Race was stopped with less than 75% of laps completed, half points awarded.

Non-Championship results

(key) (Races in bold indicate pole position) (Races in italics indicate fastest lap)

Year Entrant Chassis Engine 1
1978 Automobiles Martini Martini MK23 Ford Cosworth DFV INT
DNS
1983 Scuderia Ferrari Ferrari 126C2B Ferrari V6 (t/c) ROC
Ret

Referencias

Ligazóns externas