Diferenzas entre revisións de «Viterico»

m
Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
m (r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Viterik)
m (Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén))
Coñecemos o caso dun conde da [[Gallia Narbonensis]] chamado [[Búlgar]] de Bulgaran, que ao parecer foi torturado, encarcerado e despois desterrado. O propio Búlgar explica que foi axudado por dous bispos, Agapius e Serxio, que despois do reinado de Viterico ocuparon sedes metropolitanas (Serxio foi arcebispo de [[Narbona]]). Tamén se sabe que o bispo de Toledo, Aurasius, tivo dificultades, pero non é seguro que fosen motivadas por un enfrontamento co rei, pois podía tratarse dun problema relixioso interno.
 
No entantoPorén sabemos que todos os citados conservaron a súa vida e os seus cargos, pois ata Búlgar foi reposto como conde antes da morte de Viterico (segundo el mesmo explica nunha das súas cartas, por mor dunha visión que tivera o rei) e participó máis tarde nas negociacións diplomáticas que buscaban unha alianza dos visigodos cos reis merovinxios.
 
Viterico loitou contra os [[bizantinos]]. Un dos seus xenerais ocupou Sagontia ou Xisgonza sen que se saiba en que ano aínda que debeu ser ao redor do 605. Probábelmente na mesma época foi ocupada Bigastrum (non moi lonxe de [[Cartago Nova]]) cuxo bispo xa aparece nas actas do [[Concilio toledano]] do ano 610.
103.099

edicións