Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m achádego -> achado
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 40:
A xente da parroquia acostuma ser “parrandeira”, gusta do xogo das cartas, da charla tranquila e sosegada, sen présa. En Vilamaior hai como unha especie de centro de reunión, que queda polo medio da aldea, onde, cando vai bo tempo, a xente xuntase para parolar: o paredón. Antes, cando chovía xuntábanse nun chamizo que estaba cerca do paredón. Polas longas noites do inverno eran típicas as xuntanzas de mozos e maiores, que quedaban nalgunha casa para probar o viño e xogar ás cartas. Algo mais atrás no tempo, os mozos e mozas xuntábanse nos fiadeiros, alí pasaban o tempo con xogos, contos, risas e amores. Tamén se celebraba o entroido ou carnavais: os disfrazados ían pedindo chourizos polas casas. Para andar pola noite, acendíanse os fachos: mazos de palla que ardían procurando iluminación. Non hai moitos anos que puxeron o alumeado publico.
 
A parroquia ten posibilidades de acoller turismo rural, pero polo momento (marzo 2007) aínda ninguén se atreveu ou viu a oportunidade de montar un negocio de hospedaxe que permita a estancia de posibles turistas gustadores da natureza, do campo, do rural. No entantoPorén, dado o carácter amistoso e hospitalario de xente, calquera visitante con boas intencións, pode ser atendido por calquera veciño para facilitarlle información e posiblemente outros servizos.
 
===Festas===