Tobi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 60:
Ámbolos clans rivais loitaron ata a extenuación, mais os Senju ofreceron unha tregua, a pesar de que Madara se opuxo, o clan Uchiha aceptouno e creouse a aldea de Konoha, con Hashirama como líder. Madara temeu que este se volvese contra o seu clan e enfrontouse a Shodaime, pero ata o seu propio clan o acusou de codicioso e ata lle recriminou que lle quitase os ollos ao seu irmán. Madara abandonou a aldea e enfrontouse a Shodaime, perdendo o enfrontamento e sendo dado por morto. [[Tobirama Senju]] (Nidaime) deulles a potestade policial aos Uchiha para mantelos so vixilancia e co tempo algúns disidentes xurdiron entre os Uchiha, co ataque de [[Kyūbi]] á aldea, Danzou e os conselleiros culparon os Uchiha e marxináronos a pesar de que o Sandaime se opuxo. Os Uchiha planearon un Golpe de estado sobre a aldea, pero Konoha infiltrou un espía entre os Uchiha, [[Itachi Uchiha]].
 
Inicialmente Itachi era un espía dos Uchiha en ANBU comandado polo líder do clan: Fugaku Uchiha así e todo Itachi, que vivira a Terceira Guerra Ninja con só 4 anos, comprendía a inestabilidade que traería un Golpe de estado, traizoou ao seu clan, converténdose nun dobre espía, cousa que culmina coa orde de asasinar a todo o seu clan para eliminar calquera risco. Itachi decatouse de que Madara Uchiha seguía vivo, infiltrado nos ANBU e disposto a causar unha guerra, ofreceulle acabar co clan coa condición de que abandonase as súas pretensións sobre Konoha, malia o intento de acordo de Sandaime, a orde foi executada. No entantoPorén, Itachi foi incapaz de matar o seu propio irmán, ameazou a Danzou con descubrir o complot se Sasuke fose danado e fixo prometer a [[Hiruzen Sarutobi]] que non lle contaría a verdade; así Itachi empuxou o seu irmán a unha vida de cólera e odio co fin de facelo forte e morrer ás súas propias mans un día, para facelo merecedor dun novo poder, a confianza de Sasuke crébase ante esta revelación e non dá creto ao contado por Tobi. Sasuke replica aludindo ao seu combate, no que Itachi usou o seu mangekyō sharingan, Tobi explica que iso foi un plan para forzalo ata o límite e poder liberalo do selo maldito e de Orochimaru, tamén lle preveu de Madara e outorgoulle o seu Amaterasu para que non crese a súa historia. Itachi uniuse a Akatsuki para poder defender Konoha desde dentro, trala morte de Sandaime apareceu como aviso cara a Danzou e os conselleiros e finalmente alargou a súa vida medicándose, loitando contra unha enfermidade terminal que o consumía para poder morrer ante Sasuke e legarlle a honra de vingar os Uchiha.
 
Posteriormente, un Sasuke xa recuperado ante unha praia, chora ao lembrar as derradeiras palabras do seu irmán, e ante o equipo ''Hebi'' e o propio Tobi, proclama que a partir de agora o seu equipo se chamará ''Taka'' (falcón) e mentres amosa os seus novos ollos dá a coñecer o seu obxectivo: destruír Konoha. Pouco despois, Tobi aparece ante Sasuke nunhas ruínas mentres este recorda a marcha de Itachi da aldea para preguntarlle se tomará os ollos do seu irmán, ao que Sasuke responde negativamente, xa que planea labrarse o seu propio camiño.