Sátrapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: fr:Satrape
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 1:
'''Sátrapa''' (en [[lingua grega|grego]]: σατράπης ''satrápēs'', do antigo [[lingua persa|persa]] ''xšaθrapā(van)'', «protector da terra/país») é o nome que se deu aos gobernadores das provincias dos antigos imperios [[Media (Oriente Medio)|Medo]] e [[Imperio Persa|Persa]], incluíndo a [[dinastía]] [[Aqueménida]] e varios dos seus herdeiros, tales como o [[Imperio Sasánida]] e os imperios [[Período helenístico|helenísticos]].
== Sátrapas medo-persas ==
O primeiro uso a gran escala das satrapías, ou provincias, data da concepción do primeiro [[Imperio Persa]] baixo [[Ciro II o Grande]], ao redor do ano [[-530|530 a. C.]] No entantoPorén, as satrapías en si orixináronse durante a época dos medos, desde, polo menos, o ano [[-648|648 a.C.]] Ata a época da [[conquista]] de [[Media]] por Ciro o Grande, os emperadores medos gobernaban os seus territorios conquistados como [[provincia]]s, a través de reis e gobernadores clientes. Como na cultura persa o concepto de dignidade real era indivisible do concepto de divindade, os vinte sátrapas establecidos por Ciro nunca foron reis, senón [[vicerrei]]s que gobernaban en nome do rei, aínda que na realidade política moitos excedéronse nas súas atribucións.
 
[[Darío I]] deu ás satrapías unha organización definitiva, e incrementou o seu número a 23. Os sátrapas eran elixidos directamente polo rei xeralmente entre membros da nobreza. Exercían o poder xudicial e administrativo, cobraban os impostos ([[Inscrición de Behistún]]), encargábanse da orde pública e do recrutamento e mantemento do exército. O propio Darío I encargábase da súa supervisión e control para evitar que se excedesen nas súas funcións.