Semenkhkare: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: ro:Semenkhare; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 19:
* Semenkhkare non era un home, senón unha muller. Dado que por aquel entón as mulleres máis próximas á familia real habían desparecido, a candidata máis firme a ser Semenkhkare sería a raíña [[Nefertiti]] (en ningún momento dise que morrese), que como [[Hatshepsut]] anos antes, tomaría aparencia e títulos masculinos. Segundo esa teoría, o corpo da tumba KV55 sería entón o de [[Akhenatón]].
 
Esta última teoría cobrou nos últimos anos máis adeptos, pois os estudos sobre a momia da tumba KV55 demostraron que o corpo era dun home, non duns 25 anos, senón de máis de trinta anos, o que correspondería con Akhenatón. Ademais, non hai nin unha soa mención dun príncipe chamado Semenkhkare, e moitos dos títulos que tiña Nefertiti (consultar [[Neferneferuatón]]) foron herdados por Semenkhkare, o que significaría que serían a mesma persoa. No entantoPorén, aínda non hai nada seguro e, á espera de novos descubrimentos, hai que seguir contemplando estas dúas posibilidades.
 
O ronsel da correxencia atopouse en [[Tell o-Amarna]] e presentaba tres figuras cos seus nomes: Akhenatón, Nefertiti, e a princesa Merytaten a moza. Un estudo máis a fondo obrigou a cambiar os nomes: Nefertiti hase substituido por Anjjeperure Neferneferuaton, e o de Merytaten polo de Anjesenpaaten; pero isto non permite asegurar, nin moito menos, nada definitivo sobre unha eventual correxencia de Nefertiti baixo o nome de Semenkhkare (o nome de trono do cal recordamos que foi Anjjeperura).