Samartín del Rei Aurelio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: ia:San Martín del Rey Aurelio
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 19:
No ano [[1075]] o Rei [[Afonso VI de León|Afonso VI]] doa á igrexa de San Salvador de [[Oviedo]] a súa xurisdición de Langreo, entre a que se inclúe o actual termo de San Martín. Os infanzones oponse a esta doazón e pleitean co Rei, perde a nobreza e pasa o concello a depender da mitra Ovetense. Con todo, aquela seguiu gozando dos terreos emparentando máis tarde con outras liñaxes como Bernaldo de Quirós, Jove ou Miranda, quedando diversos casaróns e escudos que corroboran estes feitos.
[[Imaxe:Lentregu3.jpg|thumb|280px|[[O Entrego]]]]
No documento que recolle a "confederación en xura", realizada no Mosteiro de la Vega (Oviedo), en [[1367]], por varios concellos asturianos para defender a causa de [[Pedro I de Castela|Pedro I]] contra o seu irmán bastardo [[Enrique de Trastámara]], aparece a firma dun descendente dos infanzones, Don Pedro Peláez de Sanfrechoso. No ano [[1388]], grazas a un convenio efectuado entre o Bispo de Oviedo coas xentes do Alfoz de Langreo, outórgaselles un permiso para fundar unha poboa rexida polo foro de [[Benavente]], aparecendo nomeado como "San Martín do Rei Orellán". No entantoPorén, as persoas do val seguen pertencendo á obispalía ata que no ano [[1581]] compran a súa redención ao Rei [[Felipe II de España|Felipe II]], pasando a converterse en concello de realengo con dereito a enviar representantes á [[Xunta Xeneral do Principado]], na que ocuparon o asento número 42.
No ano 1650 chegan a San Martín varios segundoxénitos da familia Lamuño provenientes do [[Señorío de Salas]], ([[Señorío]] que posuía dita familia), adquirindo terras e muíños na zona.
=== Século XIX en diante ===