Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
A diseminación das ideas protestantes foi facilitada pola invención da imprenta, que fixo posible difundir unha ampla literatura apoloxética, bíblica e devocional e fomentou a edición de novas traducións da Biblia en linguas vernáculas. Estas revisións do texto fixeron patente a débil base dalgunhas doutrinas medievais. A nova forma de fundamentar a autoridade, xunto co rexeitamento da formulación escolástica agora substituída por linguaxe bíblica, facía difícil aos teólogos católicos romanos rebatela. No [[Concilio de Trento]], os bispos católicos partidarios de [[Roma]] optarían por limitar o acceso laico ás escrituras, establecendo que a Vulgata Latina era a única [[Biblia]] autorizada e redactando un índice de libros prohibidos.
 
Como resultado do apoio dos gobernos nacionais e locais, a Reforma Protestante logrou éxito en amplas áreas de Europa. Fíxose predominante no norte de Alemaña e en Escandinavia, na súa forma luterana. En Escocia prosperou a [[Igrexa Presbiteriana]]. Tamén as igrexas reformadas frutificaron nos Países Baixos, nas cidades suízas e no oriente de Hungría. Foron rescatadas para a Roma papal [[Francia]], [[Polonia]], [[Bohemia]], [[Bélxica]], [[Hungría]] e amplas rexións de [[Alemaña]] (sobre todo no sur e o oeste). No entantoPorén, co desenvolvemento dos imperios europeos, particularmente o británico, o protestantismo continuou a súa expansión. Os séculos XIX e XX presenciaron un forte labor misioneira que lle deu alcance mundial ao movemento. Hoxe en día, cálculos estimativos sinalan que máis de 600 millóns de persoas profesarían algunha das diversas formas do protestantismo moderno.
 
Con todo, ao promulgarse a [[Reforma Católica]] ou contrarreforma, iniciouse un programa expansivo do catolicismo en Europa. Iniciouse entón unha desestruturación do protestantismo europeo ao illar en núcleos pequenos os centros da Reforma como consecuencia da expansión dos xesuítas.
103.029

edicións