Panteras Negras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 28:
En 1967 o [[FBI]] comezará a investigar os grupos afroamericanos, entre eles os Panteras Negras. Sospéitase que dentro desas tácticas de control incluíanse prácticas de infiltración, sabotaxe e asasinato, que se supoñen orixe das múltiples disensións internas que deixarían o partido practicamente inoperante xa en 1970.
 
Produto das accións do [[FBI]], os Panteras Negras entraron en conflito cos '''Blackstone Rangers''', unha cuadrilla da cidade de [[Chicago]]. No entantoPorén en [[California]] o conflito forxouse coa organización '''United Slaves''' ('''[[Escravos Unidos]]'''), que en 1969 asasinaron aos responsábeis locais dos Panteras Negras [[Bunchy Carter]] e John Huggins.
Sospéitase tamén da instigación dun infiltrado do [[FBI]] George Sams no asasinato do militante Alex Rackley a mans dos seus propios compañeiros de partido, tras sinalalo como un informador.
A partir de 1970 os Panteras Negras ficarán divididos en varias faccións, das que destacan dúas tendencias fundamentais, unha liderada por [[Huey P. Newton]] e [[David Hilliard]] máis próxima ao espírito de servizo á comunidade e aos principios da autodefensa, e outra máis partidaria dunha estratexia de confrontación próxima á loita armada. Produto deste cisma foi o xurdimento en 1971 do '''Black Liberation Army''' ('''[[Exército Negro de Liberación]]'''), un grupo paramilitar que xa existía solapadamente na parte máis radical da organización.