Million Dollar Baby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: vi:Cô Gái Triệu Đô
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 25:
A historia introduce a Maggie Fitzgerald ([[Hilary Swank]]), unha camareira de 31 anos, que desexa ser boxeadora profesional. Diariamente adestra no ximnasio de Frankie Dunn ([[Clint Eastwood]]), un adestrador cuxo desexo é que o seu protexido, Willie ([[Mike Colter]]), sexa campión. No mesmo ximnasio tamén traballa Eddie "Scrap-Iron" Dupris ([[Morgan Freeman]]), un antigo boxeador sen un ollo, e vello amigo de Frankie.
 
Inicialmente, Maggie intenta sen éxito que Frankie a adestre, pero este rexéitaa continuamente, inclusive cando Dupris intercede no seu favor. Cando Willie deixa a Frankie por outro adestrador chamado Mickey Mack dúas pelexas antes do título, Frankie finalmente accede a adestrar a Maggie ata a súa primeira pelexa. No entantoPorén, Frankie entrega a Maggie a outro adestrador, xa que ela estaba impaciente por pelexar e Frankie consideraba que aínda non estaba lista.
 
Durante a pelexa, Frankie descobre que o adestrador de Maggie fixo un trato co adestrador do seu opoñente, polo que Frankie recupera o control de Maggie durante a pelexa, que estaba perdendo, e grazas á súa axuda, logra recuperarse e gañar. Finalmente, Frankie acepta adestrar a Maggie, aínda que deixa claro, que isto é de carácter temporal. Mentres ela adestra, revélase que Frankie ten unha filla á que escribe frecuentemente sen obter resposta, xa que, por razóns non especificadas, ela esta anoxada co seu pai desde hai varios anos. Ademais, revélase tamén que o pai de Maggie morreu fai varios anos, e pronto se forma unha relación pai-filla entre Frankie e Maggie.
 
Ó ir vencendo en máis pelexas, Maggie gaña máis cartos, que aforra para comprar á súa nai unha casa, xa que esta vivía con outra filla e un neto nun parque de [[trailer]]s. No entantoPorén, logo de burlarse da profesión de Maggie, a nai recrimínalle o feito de regalarlle unha casa, xa que se o goberno se decatase perdería a pensión. Durante a viaxe de regreso, Maggie leva a Frankie a un restaurante onde venden [[pastel]] de [[limón]] caseiro, e cóntalle acerca dun can enfermo que tiveron, e que o seu pai matou ó empeorar a súa saúde.
 
Ó aumentar a súa fama, Maggie realiza un tour por [[Europa]], onde un refacho de vitorias vólvea aínda máis popular. Maggie é recoñecida en [[Europa]] polo sobrenome de ''Mo Cuishle'', unha frase [[Idioma irlandés|irlandés]] ideada por Frankie, cuxo significado Maggie descoñece. Finalmente, Frankie permite que Maggie loite polo título feminino de peso Welter contra a actual campioa Billie "A Osa Azul" ([[Lucia Rijker]], boxeadora na vida real), unha ex-prostituta de [[Alemaña Oriental]] coñecida por pelexar sucio.