Kentucky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: ilo:Kentucky
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 71:
Foi soamente a partir de mediados da década de 1870 que a economía de Kentucky comezou a recuperarse, lenta e gradualmente, grazas á construción ferroviaria ao longo do territorio. Eventualmente, a demanda do tabaco no exterior aumentou, e inmediatamente o tabaco fíxose a principal fonte de renda do estado, causando recesións económicas cando os prezos do tabaco caían no mercado internacional. Outro cambio foi un crecente interese da poboación polas carreiras de cabalos, desenvolvendo enormemente a cría cabalar no estado. O famoso ''[[Derby de Kentucky]]'', actualmente a carreira de cabalos máis famosa do país, é un evento anual de Louisville. A primeira carreira foi realizada en [[1875]].
 
No entantoPorén, boa parte da poboación de Kentucky vivía na pobreza. Había un gran descontento co goberno estatal entre a poboación. En [[1900]], case se produce unha [[guerra civil]], debido a un conflito político sobre os resultados e posibles fraudes nas eleccións para gobernador, onde un dos candidatos, [[William Goebel]], foi asasinado. Realizáronse uns novos comicios, e a guerra civil non chegou a producirse. Un monopolio do cultivo e venda de tabaco xurdiu a finais do século XIX, e varios facendados e comerciantes, entre [[1904]] e [[1909]], atacaron este monopolio provocando incendios en depósitos e plantacións, na que foi coñecida como a ''Guerra do Tabaco''.
 
A Guerra do Tabaco provocou unha nova recesión na economía de Kentucky ao longo das primeiras décadas do século XX. Os efectos desta recesión foron agravados pola [[Gran Depresión]]. Moitos facendados quedaron endebedados, e foron obrigados a abandonar as súas facendas e a trasladarse ás cidades. A pobreza e o [[desemprego]] arrasaron a poboación das cidades do estado. O goberno de Kentucky reaccionou a través da construción de varias [[autoestrada]]s, vías rápidas e fábricas estatais, diminuíndo os efectos desta gran recesión a finais da década de 1930. A [[Segunda Guerra Mundial]] acabou coa recesión económica de Kentucky, e o estado industralizouse rapidamente. Unha década despois do final da guerra, a principal fonte de renda de Kentucky era a industria de manufactura e a maioría da poboación do estado xa vivía en áreas urbanas.