Eclesiastés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O libro do '''Eclesiastés''', (grego εκκλησιαστης, Ekklesiastés, hebreo קֹהֶלֶת, Qohéleth), que pode entenderse como o orador ou o que fala na asemblea. Form..."
 
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 5:
== Autor e data de composición ==
 
O autor preséntase como o "Qohelet", o orador, tamén como fillo do [[Rei David]], é dicir, o [[Rei Salomón]]. Esta atribución a Salomón é moi común na Biblia e non ten ningún valor histórico: a Salomón, o rei sabio, atribuíanselles os libros sapienciais igual que a David, o rei poeta, se lle atribuían os [[Salmos]].
 
De calquera xeito, estamos ante un "libro de autor", unha soa man é responsable de todo ou case todo o libro.
 
Deste autor podemos dicir:
 
* É un sabio de Israel, é dicir, un intelectual bo coñecedor da Biblia e do pensamento contemporáneo.
* Está nunha etapa da vida entre a adultez e a vellez, posto que aos seus coñecementos teóricos une a súa experiencia, non sempre positiva.
* Posiblemente, polas referencias que fai, é un home que viaxou polo Oriente Medio e Asia Menor e que coñece o pensamento persa e helénico.