Comuñón anglicana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 56:
== Reseña histórica ==
===Pre Reforma===
Os anglicanos datan tradicionalmente as orixes da [[Igrexa de Inglaterra]] ata a chegada a ese país do primeiro [[Arcebispo de Canterbury]], Santo [[Agostiño de Canterbury]] a fins do [[século VI]]. No entantoPorén, as orixes históricas da Igrexa en Inglaterra poden remontarse a períodos máis afastados, a primeira presenza cristiá estableceuse durante a ocupación [[Britania (provincia romana)|romana]] das [[Illas Británicas]] antes do [[século V]], posiblemente ata desde o [[Século I]]. O primeiro [[mártir]] cristián rexistrado en Gran Bretaña, [[San Albano (mártir)]], puido vivir cara a fins do [[Século III]] ou inicios do [[século IV]], e a súa preeminencia na [[haxiografía]] anglicana reflíctese no número de igrexas parroquiais das cales é patrón. O anglicanismo irlandés ([[Igrexa de Irlanda]]) tamén remonta as súas orixes ata o santo fundador do cristianismo irlandés ([[San Patricio]]), un cristián nacido na [[illa de Gran Bretaña]].
 
Os anglicanos consideran o [[cristianismo celta]] como precursor da súa igrexa, posto que o restablecemento do cristianismo a principios do Século VI chegou a través de misioneiros [[Irlanda|irlandeses]] e [[Escocia|escoceses]], especialmente [[San Patricio]] e [[San Columba]]<ref>González, Xusto L.; «The History of Christianity», Volume I: "The Early Church to the Dawn of the Reformation" (San Francisco: Harper, 1984).</ref>. Esta distintiva forma do cristianismo occidental permaneceu ata despois do [[Sínodo de Whitby]] desenvolvido no [[664]], que decidiu conformar a igrexa celta das Illas británicas aos costumes e tradicións do cristianismo romanizante contemporáneo, introducido por San Agostiño de Canterbury e outros misioneiros anglosaxóns. Con todo, a persistencia das tradicións do cristianismo celta (menos xerarquizante que o romano), xunto coa implementación das instrucións dadas polo Papa [[Gregorio I Magno]] a San Agustín para incorporar costumes e festivais pagáns na vida e práctica da Igrexa inglesa, significou que o cristianismo inglés asumise desde cedo un carácter distintivamente nativo.<ref> Pelikan, Jaroslav; «The Christian Tradition: A History of the Development of Doctrine», Volume 1: "The Emergence of the Catholic Tradition (100-600)," (Chicago e Londres: University of Chicago Press, 1971), pp. 65-6.</ref>