Funicular: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
tradución da wikipedia en castelán |
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén) |
||
Liña 2:
Chámase '''funicular''' (do [[latín]] ''funicŭlus'', "corda") a un tipo especial de [[ferrocarril]] utilizado para salvar grandes pendentes. Non se debe confundir cos ferrocarrís dotados de [[plano inclinado|planos inclinados]]. Circula sobre raíles e normalmente dispón de dúas cabinas enlazadas por un [[cable]] de aceiro sobre unha vía de [[ferrocarril]], a modo de ascensor inclinado, de tal forma que mentres un vehículo sobe o outro baixa, o que permite aproveitar a enerxía potencial do que queda na parte superior para subir o inferior á vez que se frea o que está baixando.
Os vagóns adoitan compartir a mesma vía salvo no punto medio, onde se bifurca para que poidan pasar á vez. Os vehículos carecen de motorización propia, xa que o movemento imprímeo un motor que acciona unha gran polea, que á súa vez move o cable de tracción.
Este medio de transporte creouse ao redor do [[século XIX]] como unha alternativa á vías do ferrocarril, como medio de vencer grandes pendentes.
|