Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Cantiga de amor
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 16:
* Para algúns investigadores, o amor cortés tería como finalidade a crítica da institución matrimonial, o cal se pode poñer en relación coa incompatibilidade entre o amor e o matrimonio antes exposta. Aínda así, o poderío que a institución eclesiástica posuía naquela altura convida a descartar esta hipótese.
* Outros estudosos consideran que o amor cortés é un trasunto das "guerras albixenses", as cales foron realizadas para erradicar a herexía. Así, o poeta representaría o perfecto cabaleiro albixense, a ''midons'' a seita cátara e o marido desta, a Igrexa católica, posto que representa o impedimento da felicidade amorosa entre o poeta e a dama. Mais os preceptos cátaros refugaban de todo o que significase a alegría de vivir, pois pensaban que a alma só podía purificarse cun sufrimento extremo. Alén disto, tamén refugaban eles da ledicia amorosa, posto que para estes as relacións sexuais manchaban o espírito.[[Ficheiro:GalanimKorb.jpg|thumb|right|200px|Amante medieval sendo izado nunha cesta (ilustración do '''Códex Manesse''' do [[século XIV]].]]
*No entantoPorén, a terceira das teorías da orixe do amor cortés é a que ten máis aceptación hoxe en día. Trátase da concepción deste como xogo poético. Na fortemente estamentada [[Idade Media|sociedade medieval]], o destino das persoas estaba predeterminado dende o momento do seu nacemento. No caso dos homes, se unha parella tiña máis de dous fillos, o primoxénito estaba destinado ás armas, o segundo á clerecía e, os restantes, normalmente eran enviados á casa do señor feudal correspondente, coa finalidade de formárense intelectualmente e tamén nas armas, e coa intención final de que puidesen gañar nun futuro os seus territorios. Estes últimos fillos (desde o terceiro en diante) debían ser célibes ata o momento do seu matrimonio, mais non debía ser doada a convivencia na casa señorial entre todos os homes novos e solteiros que nela convivían. Por este motivo, o señor feudal debía buscarlles un entretemento que fomentase de "forma sa" a competitividade entre estes. De aí xurdiría o "amor cortés", que sería un xogo poético no que os poetas mozos "rivalizan" polo amor da dama. Evidentemente, todas as situacións derivadas deste xogo normalmente eran irreais xa que o poeta non tiña porque estar namorado da ''midons''.
 
==Os graos polos que atravesa o poeta==