Arte paleolítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 10:
Desde os primeiros descubrimentos de obxectos artísticos paleolíticos, no [[século XIX]],<ref>En [[1834]], na cova de ''Chaffaud'' ([[Vienne]]), '''M. Brouillet''' descubrira un óso con dúas cervas gravadas, aínda que non soubo que eran da [[Idade de Pedra]]; en [[1853]], o coñecido literato e arqueólogo '''[[Prosper Mérimée]]''' dáse conta de que este achado e outros parecidos pertencen á ''Idade do Xeo''. Son '''Edouard Lartet''' e '''Henry Christy''' quen comezan a sistematizar as obras de arte moble do ''Home das Cavernas'', descubrindo en [[1864]] un [[mamut]] gravado en [[marfil]] na cova da Madeleine ([[Dordoña]]). Con todo, a maioría dos historiadores mostráronse escépticos, xa que consideraban os nosos antepasados uns brutos incapaces de sensibilidade [[estética]]. Esa foi a causa do rexeitamento do gran descubrimento de '''[[Marcelino Sanz de Sautuola]]''' da primeira gruta con arte rupestre parietal, a [[Cova de Altamira]], en [[1879]]. O rexeitamento foise convertendo en aceptación ao descubrirse máis covas con arte rupestre en [[Francia]], de modo que un dos seus máis encarnizados detractores, '''Cartailhac''', tivo que aceptar a súa equivocación en [[1902]] publicando unha famosa retractación chamada ''"Mea culpa d'un sceptique"''.</ref> sempre se suscitou o enigma da motivación e o significado desta arte, aínda que parece haber consenso en que se cumpre unha función relixiosa e que a súa temática está intimamente relacionada co medio natural. Queda pendente o feito innegable do seu alto valor estético e artístico: os homes prehistóricos demostraron, nalgúns casos, unha ansia de perfección e un sentido da beleza totalmente comparable á dos artistas doutras épocas históricas.

No entantoPorén, o lector debe estar avisado que este artigo só toca, forzosamente, aqueles elementos artísticos que se conservaron ao longo dos séculos, o que constitúe, sen dúbida, unha parte ínfima de todo o corpus artístico paleolítico. Perdemos, como mínimo, aspectos tan fundamentais como a tradición oral, a danza, a música, o adorno corporal, etc.

(Á dereita, debuxo dun ''Bos taurus primigenius'' achado na cova de Lascaux, [[Francia]].)
Liña 75:

=== Temática ===
* Os temas preferidos eran '''animais''' (sobre todo touros, bisontes e cabalos; aínda que menos numerosos, tamén hai cervos, osos, cabras...). No entantoPorén, debe esquecerse a imaxe que se ten da arte paleolítica, de temática monótona e case exclusivamente animalística. Evidentemente predominan os temas faunísticos, pero hai outras moitas escenas sorprendentemente elaboradas e excepcionalmente intrigantes (a maioría das cales non podemos mostrar dada a natureza das licenzas de reprodución e o carácter sintético deste artigo).
{| align=center

Liña 234:
| rowspan=2 valign="top" width="154px" |''Lugares :''
*[http://www.archlsa.de/dauerausstellung/bilzingsleben.htm Bilzingsleben]
*[[Serra de Atapuerca]]
*[[Venus de Berejat Ram]]
*[[Venus de Tan-Tan]]
*Cova das Grajas
*[[w:fr:Lunel-Viel|Lunel-Viel]]
*[[w:fr:Port-Launay|Port-Launay]]
*Pech de l'Aze

| rowspan=1 valign="top" |Os datos previos ao nacemento inequívoco da arte remóntanse ao [[Paleolítico inferior]] e ao [[Paleolítico medio]]. En xeral, este período pode definirse como unha procura do estético a través da simetría dos utensilios ou dun finísimo acabado que supera as necesidades prácticas de certos utensilios, é dicir, desenvolveuse xa un sentido estético. Algo parecido ocorre coas «coleccións de artefactos curiosos» e adornos corporais atribuídos aos [[neandertal|neandertais]]. No entantoPorén, algúns achados excepcionais, como os que se citan á marxe, inducen a pensar que a intelixencia do ser humano acadara certo nivel de abstracción que conducirá á verdadeira arte.

Ao comezar o [[Paleolítico superior]], non hai constancia de que a arte aparecese desde o primeiro momento; así, temos que o [[Châtelperroniense]] non ten unha arte desenvolvida plenamente.