Anel Único: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: th:เอกธำมรงค์
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 54:
== Historia do Anel ==
 
Tras forxalo (ao redor de 1600 S.I.), Sauron esgrimiu o Anel e fixo a guerra contra todo aquel que se lle opuña, en concreto os Elfos (isto coñécese como a [[Guerra dos Elfos e Sauron]]). Ao primeiro a guerra foi favorábel para Sauron, e [[Eregion]] foi destruído xunto con [[Celebrimbor]], o creador dos demais Aneis de Poder. No entantoPorén, máis adiante (ao redor de 1700 S.I.) [[Tar-Minastir]] e [[Gil-galad]] conduciron un grande exército á Terra Media e acabaron coas hostes de Sauron, obrigándoo a voltar para Mordor.
 
No ano 3261 S.I., [[Ar-Pharazôn]], o derradeiro e o máis poderoso dos reis de Númenor, desembarcou en [[Umbar]] encabezando un xigantesco exército, para presentarlle batalla a Sauron. O descomunal tamaño e poder do exército numenoriano abondou para pór en fuga as forzas de Sauron. Sauron rendeuse ante Ar-Pharazôn e foi levado de volta para Númenor como prisioneiro. Nunha carta escrita en 1958 (#211) Tolkien escribiu que a rendición foi "voluntaria e astuta", para poder entrar en Númenor. Após 1.500 anos de loita contra Sauron, os Elfos non revelaran nunca aos numenoreanos a existencia do Anel Único nin dos Aneis de Poder, polo que Ar-Pharazôn non estaba ao tanto del. Grazas a el, Sauron foi quen de usar o medo á morte dos numenoreanos para volvelos na contra dos Valar, e convertelos ao culto de Melkor e ao [[sacrificio humano]].