Aleixo I Comneno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 8:
Aleixo era por entón amante da emperatriz [[María Bagrationi]], filla do rei [[Bagrat IV]] de [[Xeorxia]], que fora esposa primeiro de [[Miguel VII Ducas]] e logo de Botaniates, e era famosa pola súa beleza. Aleixo e María non disimulaban a súa relación, e vivían xuntos no Palacio de Mangana. O novo fillo de María con Miguel VII, o príncipe Constantino Ducas, foi adoptado por Aleixo e proclamado o seu herdeiro. Isto procurou a Aleixo certa lexitimidade dinástica, pero pronto a nai do emperador, Anna Dalassena, consolidaría a conexión coa familia Ducas arranxando a voda do seu fillo con [[Irene Ducas]], neta do césar Xoán Ducas, cabeza da poderosa familia feudal e principal valedor do antigo emperador Miguel VII.
 
A relación de Aleixo con María continuou, con todo. Pouco logo do seu nacemento, a primeira filla de Aleixo e Irene, [[Ana Comnena]], foi prometida en matrimonio ao herdeiro Constantino Ducas, e trasladouse a vivir ao Palacio Mangana, cos dous amantes. No entantoPorén a situación cambiou drasticamente cando Irene tivo un fillo varón, [[Xoán II Comneno|Xoán]]: desfíxose o compromiso matrimonial entre Ana e Constantino, quen perdeu a súa condición de herdeiro imperial; a princesa foi levada ao palacio principal para vivir xunto á súa nai e a súa avoa e Aleixo rompeu a súa relación con María. Pouco tempo despois morreu o xove Constantino, e María foi recluída nun convento.
 
O longo reinado de Aleixo I Comneno (preto de 37 anos) estivo cheo de problemas. Nos seus inicios, tivo que afrontar o ataque dos [[normando]]s [[Roberto Guiscardo]] e o seu fillo [[Bohemundo I de Antioquía|Bohemundo]], quen conquistaron [[Durrës|Dyrrhachium]] e [[Corfú]], e puxeron sitio a [[Larissa]], en [[Tesalia]]. O perigo normando foi providencialmente conxurado pola morte de Roberto Guiscardo en 1085, e os territorios perdidos foron recuperados polo Imperio.