Alalakh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: bg:Алалах
m Bot: Substitución automática de texto (-No entanto +Porén)
Liña 35:
Segundo a inscrición, na primeira metade de [[século -XV]], [[Idrimi]], fillo do rei de Alepo puido fuxir da súa cidade a [[Emar]], viaxou por Alalakh, gañou o control da cidade e foi recoñecido como vasalo por [[Barattarna]]. A inscrición rexistra as vicisitudes de Idrimi: tras ser a súa familia forzada a fuxir a Emar, abandonouna e uniuse aos "[[Habiru]]" de "Ammiya na terra de [[Canaán]]", onde os Hapiru recoñecérono como "fillo do seu señor" e reuníronse en torno a el"; tras vivir entre eles durante sete anos, conduciu aos seus guerreiros a un exitoso ataque por mar a Alalakh, de onde chegou a ser rei.
 
Con todo, segundo o informe da época, esta estatua foi descuberta nun nivel de ocupación que data de varios séculos despois da época en que viviu Idrimi, e foi longo o debate académico sobre a súa historicidade. No entantoPorén, as taboíñas din que Niqmepuh foi contemporáneo do rei [[Saushtastar]] de [[Mitanni]], as cales podían parecer soster que a estatua afirma que Idrimi foi contemporáneo de Barattarna, predecesor de [[Saushtatar]].
 
A historia socio-económica de Alalakh durante o reinado do fillo e do neto de Idrimi, Niqmepuh e [[Ilim-ilimma]] está ben documentada por taboíñas escavadas no lugar. O propio Idrimi aparece só raramente nestas taboíñas.