Clarinete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Cana: -ligazóns internas repetidas
→‎Acústica: -ligazóns internas repetidas
Liña 61:
Tapar ou destapar os buratos de ton, supón variar a lonxitude da tubaría, o cambio das frecuencias de resonancia da columna de ar encerrado e, polo tanto, o ton do son. Un clarinetista precisa para moverse entre os ''rexistros chalumeau'' e ''clarino'' a chave de rexistro. Esta chave supón unha ruptura, porque cando se activa, cancélase a escala de frecuencia fundamental e créase outra escala harmónica dominante unha doceava máis aguda. Cando se pasa do ''rexistro clarino'' ao ''altissimo'', non hai outra chave de cambio de rexistro, senón que se emprega o dedo índice da man esquerda que actúa como tal. O cambio de escala harmónica dominante é agora dunha sexta máis aguda. Pola contra, case todos os instrumentos de vento ao cambiaren de rexistro fano cunha oitava de diferenza. Isto explica a complexidade da súa dixitación e as 19 chaves que pode chegar a ter un clarinete soprano. Todas as peculiaridades da súa cavidade case cilíndrica son resultado destas peculiaridades sonoras.
 
As notas máis agudas no clarinete poden ter unha calidade demasiado estridente e poden chegar a ser difíciles de axustar con precisión. Existen dixitacións alternativas e os axustes persoais dos músicos na embocadura axudan a corrixir esa precisión sonora das notas máis agudas. Un intérprete experto pode usar a súa embocadura para alterar considerablemente a afinación das notas individuais ou para producir [[vibrato]],que vén a ser un cambio de ton pulsante empregado a miúdo no [[jazz]]. O [[vibrato]] é estraño na literatura clásica ou no concerto bandístico. Non obstante, algúns clarinetistas, como Richard Stoltzman, fan uso do [[vibrato]] na música clásica. Así mesmo, existen dixitacións especiais que son empregadas para xogar cos cuartos de ton e outros intervalos microtonais.
 
== Construción ==