Clarinete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 75:
 
=== Cana ===
[[Ficheiro:Klarinet-jeziček.jpg|thumb|[[palleta|Canas]].]]
 
O clarinete usa unha sola [[palleta|cana]] (ou [[palleta]]). Está feita a partir da [[Arundo donax|cana común]] ([[''Arundo donax'']]). Tamén poden ser fabricadas con materiais sintéticos. A abrazadeira é a peza que liga a [[palleta|cana]] coa boquilla. Ao soprar ar a traveso da abertura entre a cana e a boquilla, fai que a cana comece a vibrar para equilibrar as diferentes presións creadas e é así como se produce o son.
Liña 81:
As medidas básicas das [[palleta|canas]] son as seguintes: 12 milímetros de ancho, 15 milímetros de longo (desde a punta até o lugar onde toca coa boquilla) e de 1 milímetro desde a parte inferior da punta da cana e a boquilla. As variacións nestas medidas son as que afectan ao ton da cor do son.
 
A maioría dos clarinetistas mercan [[palleta|cana]] fabricadas, aínda que haxa logo que axustalas. Outros incluso as fan. No mercado véndense segundo o grao de dureza, que polo xeral van do grado un (moi brando), até o grado cinco (moi duro) e con variacións cada 0.5, polo tanto existen: 1, 1.5, 2, 2.5, 3, 3.5, 4, 4.5 e 5. Este sistema de numeración non está estandarizado, xa que hai moitas variacións no seu grado de dureza para unha mesma numeración dependendo da casa fabricante ou incluso entre as fabricadas nunha mesma empresa.
 
=== Compoñentes ===