Francisco de Quevedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 20:
A entronización de [[Filipe IV de España|Filipe IV]] supuxo para Quevedo o levantamento do seu castigo, a volta á política e grandes esperanzas ante o novo valemento do [[Conde-Duque de Olivares]]. Quevedo acompaña ao novo rei en viaxes a [[Andalucía]] e [[Aragón]], algunhas de cuxas divertidas incidencias conta en interesantes cartas. Por entón denuncia as súas obras á [[Inquisición]], xa que os libreiros imprimiran sen o seu permiso moitas das súas pezas satíricas que corrían manuscritas, facéndose ricos á súa costa. Quevedo quixo asustalos e espantalos desa maneira e preparar o camiño a unha edición das súas obras que non chegou a aparecer. Por outro lado, leva unha vida privada algo desordenada de solteirón: fuma moito, frecuenta as tabernas (Góngora acusábao de ser un borrachón e nun soneto satírico chamáballe don Francisco de ''Quebebo'') e frecuenta os lupanares, pese a que vive amancebado cunha tal Ledesma. Malia iso, en [[1632]] é nomeado incluso secretario do monarca, que non é menos vividor, o que supuxo o cume da súa carreira cortesá.
 
Era un posto suxeito a todo tipo de presións: o seu amigo, o [[Duque de Medinaceli]], é fustrigado pola súa muller para que o obrigue a casar contra a súa vontade con dona Esperanza de Aragón, señora de Cetina, viúva e con fillos. O matrimonio, realizado en [[1634]], apenas durou tres meses e resolveuse ao fin nun divorcio de sona en [[1636]]. En contrapartida, son anos dunha febril actividade creativa: en 1634 publica ''La cuna y la sepultura'' e a tradución de ''Introducción a la vida devota'' de [[Francisco de Sales]]; de entre [[1633]] e [[1635]] datan obras como ''De los remedios de cualquier fortuna'', o ''Epíteto'', ''Virtud militante'', ''Las cuatro fantasmas'', a segunda parte de ''Política de Dios'', a ''Visita y anatomía de la cabeza del cardenal Richelieu'' ou a ''Carta a Luís XIII''. En [[1635]] aparece en [[Valencia - València|Valencia]] o máis importante dun dos numerosos libelos destinados a difamalo, ''El tribunal de la justa venganza, erigido contra los escritos de Francisco de Quevedo, maestro de errores, doctor en desvergüenzas, licenciado en bufonerías, bachiller en suciedades, catedrático de vicios y protodiablo entre los hombres''.
 
===Caída e retiro===