Illote de Langerhans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 92:
==== Células beta produtoras de insulina ====
Os gránulos insulinóxenos secretores das células beta posúen un centro cristalino electrodenso con forma irregular. O seu contido sepárase da membrana que o limita despois da fixación. O seu diámetro é similar ao dos gránulos de células alfa.
A insulina é sintetizada no [[retículo endoplasmático]] rugoso en forma dun polipéptido chamado preproinsulina, que se transforma en proinsulina, que posúe a mesma actividade hormonal aínda que non da mesma magnitude ca a insulina. A proinsulina modifícase no [[aparato de Golgi]] e as vesículas secretoras que saen del conteñen a hormona insulina. A insulina é secretada cando hai [[hiperglicemia]] e tamén por influencia dalgunhas hormonas peptídicas como o glucagón, colecistocinina-pancreocimina e secretina. As súas accións principais son estimular a captación de glicosa en varios tipos de células, e diminuír o nivel de glicosa sanguínea, ao estimular a conversión de glicosa en glicóxeno nos [[hepatocito]]s e [[miocito]]s, sempre que aumente dito nivel.
 
==== Células delta produtoras de somatostatina ====
As células delta posúen gránulos secretores máis grandes e menos electrodensos ca as células alfa e beta, e os seus [[orgánulo]]s secretores son menos notables.
 
A somatostatina secrétase no páncreas e no [[hipotálamo]], polo que é unha [[neurohormona]] peptídica, que inhibe a liberación da hormona do crecemento, da insulina, o glucagón e mesmo da propia somatostatina pancreática. A regulación mutua da actividade secretora entre as células alfa, beta e delta suxire fortemente algunha disposición especial que facilita a regulación directa dunha célula a outra, mecanismo coñecido como regulación parácrina.
 
==Retroalimentación parácrina==