Clarinete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 60:
Polo xeral, o obxectivo do clarinetista cando emite un son é facer vibrar a maior cantidade de cana como sexa posible, facendo o son cun maior corpo, máis cálido e cunha maior presenza.
Tapar ou destapar os buratos de tono, supón variar a lonxitude da tubaría, o cambio das frecuencias de resonancia da columna de ar encerrado e, polo tanto, o ton do son. Un clarinetista precisa para moverse entre os ''rexistros chalumeau'' e ''clarino'' a chave de rexistro. Esta chave supón unha ruptura, porque cando se activa, cancélase a escala de frecuencia fundamental e créase outra escala harmónica dominante unha doceava máis aguda. Cando se pasa do ''rexistro clarino'' ao ''altissimo'', non hai outra chave de cambio de rexistro, senón que se emprega o dedo índice da man esquerda que actúa como tal. O cambio de escala harmónica dominante é agora dunha sexta máis aguda. Pola contra, case todos os instrumentos de vento ao cambiaren de rexistro fano cunha octava de diferenza. Isto explica a complexidade da súa dixitación e as 19 chaves que pode chegar a ter un clarinete soprano. Todas as peculiaridades da súa cavidade case cilíndrica son resultado destas peculiaridades sonoras.
 
As notas máis agudas no clarinete poden ter unha calidade demasiado estridente e poden chegar a ser difíciles de axustar con precisión. Existen dixitacións alternativas e os axustes persoais dos músicos na embocadura axudan a corrixir esa precisión sonora das notas máis agudas.
 
 
== Notas ==