Clarinete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 35:
=== Rango ===
 
A familia dos clarinetes ten a maior cantidade de tipos en uso entre todas as outras familias de intrumentos de [[Instrumento de vento-madeira|vento-madeira]].O feito de que haxa tantos tipos é polo feito de buscar maior versatilidade e virtuosismo. O rexistro grave de cada tipo de clarinete limita o seu uso. O clarinete máis común, o B ♭, ten como límite inferior E, debaixo de C medio. A incorporación de cada tipo de instrumento depende do tonoton máis baixo en concertos.
Case todos os soprano e clarinete piccolo teñen outra chave que lles permite xogar co E debaixo do C medio (E3 na notación científica do tonoton) como a súa nota máis baixa por escrito, aínda que algúns clarinetes B ♭ poden baixar até un E ♭ 3 co fin de poderen coincidir co rango dun clarinete A. No clarinete soprano (B ♭), o rexistro solicitado é até un D3, un tono máis baixo do seu por escrito. A maioría dos clarinetes alto e baixo teñen unha chave extra para permitir un E ♭3 escrito. Os clarinetes baixos actuais teñen chaves adicionáis para pertiren facer até un C3 escrito. Entre os membros menos comunmente encontrados da familia do clarinete, o contralto e o contrabaixo poden ter chaves para até un E ♭ 3, D3, ou C3 por escrito; o clarinete di bassetto e corno di bassetto xeralmente van até un C3 baixo.
 
Definir o extremo superior do rango dun clarinete non é doado, xa que moitos clarinetistas avanzados poden emitir notas moi por enriba das notas máis altas establecidas polo xeral como límites nos libros metodolóxicos. O G6, dúas octavas por encima de G4 é, polo xeral, a nota máis alta que se encontra no repertorio clásico, pero moitos clarinetistas avanzados son capaces de chegar a un C7 e existen táboas de dixitacións que mostran todas as posibilidades para conseguilo.
Liña 56:
 
O ciclo repítese cunha frecuencia constante e emite unha nota relacionada con esa frecuencia. Por exemplo, A4 (440 Hz) prodúcese cando o ciclo se repite 440 veces por segundo.
O burato do clarinete soprano é cilíndrico, para a maioría, os diámetros interiores dos tubos rondan os 14 e 15,5 milímetros. Teñen unha forma sutil de ''reloxo de area'', coa parte más estreita debaixo da unión entre a parte superior e a inferior do corpo do instrumento. A redución é de 1 a 3 milímetros dependendo do fabricante. Esta forma, que non é visible a simple vista, axuda a corrixir a discrepancia de tono/escala entre os rexistros ''chalumeau'' e ''clarino''. O diámetro do burato afecta a características tales como os harmónicos dispoñibles, o timbre e a estabilidade da altura (a medida na que unha nota pode ser "doblada" na forma esixida no jazz e noutros estilos musicais). A campá na parte inferior do instrumento ten unha labor fundamental de mellora do tonoton das notas máis graves.
 
Polo xeral, o obxectivo do clarinetista cando emite un son é facer vibrar a maior cantidade de cana como sexa posible, facendo o son cun maior corpo, máis cálido e cunha maior presenza.
Tapar ou destapar os buratos de tono, supón variar a lonxitude da tubaría, o cambio das frecuencias de resonancia da columna de ar encerrado e, polo tanto, o tonoton do son. Un clarinetista precisa para moverse entre os ''rexistros chalumeau'' e ''clarino'' a chave de rexistro. Esta chave supón unha ruptura, porque cando se activa, cancélase a escala de frecuencia fundamental e créase outra escala harmónica dominante unha doceava máis aguda. Cando se pasa do ''rexistro clarino'' ao ''altissimo'', non hai outra chave de cambio de rexistro, senón que se emprega o dedo índice da man esquerda que actúa como tal. O cambio de escala harmónica dominante é agora dunha sexta máis aguda. Pola contra, case todos os instrumentos de vento ao cambiaren de rexistro fano cunha octava de diferenza. Isto explica a complexidade da súa dixitación e as 19 chaves que pode chegar a ter un clarinete soprano. Todas as peculiaridades da súa cavidade case cilíndrica son resultado destas peculiaridades sonoras.
 
== Notas ==