Diferenzas entre revisións de «Nebulosa planetaria»

m
lig int.
m (lig int.)
[[Ficheiro:NGC6543.jpg|thumb|NGC 6543, a nebulosa Ollo de gato]]
'''Nebulosa planetaria''' é unha denominación errónea, xa que nada teñen que ver con planetas nin con ningún sistema estelar. Moitas están asociadas cunha [[Estrela (astronomía)|estrela]] central, rodeada dunha envoltura discoidal de nebulosidade. A [[Estrela (astronomía)|estrela]] central acostuma estar moi quente e a súa emisión é maior na parte ultravioleta do espectro; porén, opticamente a [[nebulosa]] parece só un tenue anel. A medición do efecto Doppler do seu espectro indica a existencia de turbulencias e movemento na nube. Estas nebulosas expándense a unha velocidade dalgúns quilómetros por segundo.
 
O nome débese a que os seus descubridores, no [[século XVIII]], observaron a súa semellanza aos [[planeta gasoso|planetas gasosos]] vistos ao traverso dos [[telescopio]]s ópticos da época, aínda que en realidade non teñen ningunha relación cos [[planeta]]s.
61.877

edicións