Ramiro Isla Couto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: corrixo homónimo
arranxiños
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Emigrou en [[1911]] a [[Bos Aires]], onde estudou na Escola de Comercio, e traballou cun tío seu en diversos negocios. Nesa primeira mocidade en [[Arxentina]] ingresa na [[Asociación Cultural Terra]], de ideario [[galeguismo (política)|galeguista]].
 
En [[1919]] regresou a [[España]], onde participou na [[Guerra Hispano-marroquí]]. Neses anos trabou contacto con outros mozos esquerdistas e galeguistas, como [[Xaime Quintanilla Martínez]] e [[Lois Porteiro]]. Ingresa na [[Irmandade Nazonalista Galega]] de [[Vicente Risco]] e nas [[Irmandades da Fala]], e en [[1923]] volve a [[Bos Aires]]. Alí funda con [[Eduardo Blanco Amor]] a revista ''[[Terra (revista)|Terra]]'', a primeira publicación integramente en [[lingua galega|galego]] da emigración. En Arxentina convértese en dinamizador cultural do galeguismo, creando asociacións, colaborando en ''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]'' e no xornal ''[[A Fouce]]'', e recadando fondos para o [[Seminario de Estudos Galegos]]. Tamén en [[Bos Aires]] coñece a [[Manuel Antonio]], que paraba no porto bonaerense na súa navegación.
 
En [[1931]] regresa a [[Galicia]] e nese mesmo ano participa na fundación do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] en [[1931]], onde ocupa unha cadeira no seu Consello Nacional en representación da emigración. A [[Guerra Civil española]] colleuno en [[Verín]]: foi detido, e encarcerado primeiro na vila do Támega<ref>[http://www.josealimia-requete.com/verin.html Acto conmovedor en la prisión de esta villa], ''[[La Región]]'', [[4 de febreiro]] de [[1937]]</ref>, e logo en [[Vigo]] exiliouse a [[Francia]], onde actúa como delegado das [[Sociedades Hispanas Confederadas]], e máis tarde a [[Cuba]] e a [[México]]. Nese país funda con [[Carlos Velo]] e [[Arturo Souto]] a revista ''[[Saudade (revista)|Saudade]]'', e despois marcha a [[Venezuela]], [[Colombia]] e de novo [[Venezuela]]. A partir de [[1956]] volta definitivamente a [[Galicia]], onde se dedicará a distintas tarefas de recuperación cultural no grupo Galaxia, cocon xente como o seu irmán [[Xaime Illa]], conou [[Ramón Piñeiro]] etc.
 
==Recoñecementos==