Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
{{atención}}
Liña 1:
{{atención}}
 
A '''Cultura de Galicia''' ten a súa orixe na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Ademais aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega: aínda que se sabe que a súa presenza non foi tan importante como a que quixeron ver os autores románticos, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e pode que mesmo a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta, aínda que disto non hai certeza.