Daltonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
Os obxectos absorben e reflicten a luz de forma distinta dependendo das súas características físicas, como a súa forma ou composición etc. A cor que percibimos dun obxecto é o raio de luz que rexeita. Nós captamos eses -rebotes- con diferentes lonxitudes de onda, por medio dos ollos grazas á súa estrutura. Se os raios de luz atravesan ao obxecto, este é invisible.
 
As células sensoriais (fotoreceptores) da [[retina]] que reaccionan de forma distinta á luz e as cores chámaselles [[bastón (célula)|bastóns]] e [[cono (célula)|conos]] respectivamente.
 
Os bastóns actívanse na escuridade, e só permiten distinguir o [[Negro (cor)|negro]], o [[branco]] e os distintos [[gris]]es. Permítenos percibir o contraste.