Segunda guerra balcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: reparo e movo, segundo WP:LE
Liña 58:
A pesar dos 599.878 soldados que tiñan ao principio da Primeira Guerra balcánica, Bulgaria non dispoñía máis que de dez divisións. En comparación, as nove divisións gregas non comprendían máis que 118.000 homes. Para agravar o desequilibrio das forzas, os Búlgaros dispoñían de 1.116 pezas de artillaría, ou sexa seis veces máis que os gregos e cinco veces máis que os serbios.
 
Existe, non obstante, unha controversia sobre a forza real do exército búlgaro na Segunda Guerra balcánica. Ao estalido da Primeira Guerra, Bulgaria movilizoumobilizou un total de 599.878 homes (366.209 do exército activo), 53.927 de unidades da reserva, 53.983 da milicia, 94.526 reclutadosrecrutados entre 1912 e 1913, 14.204 voluntarios e 14.424 gardas fronteirizos). Na Primeira Guerra morreron 33.000 soldados (14.000 en combate e 19.000 de enfermidades). Para compensar estas perdas, recrutou 60.000 homes entre as dúas guerras, principalmente nos territorios ocupados. Segundo o Estado Maior búlgaro, o exército comprendía 7.693 oficiais e 492.528 soldados o 16 de xuño,<ref>''The war between Bulgaria and Balkan Countries, Volume I'', Ministry of War 1932, páx. 158.</ref> pero recoñecía problemas de aprovisionamento, en particular de fusís.
 
O 1º e o 3º exércitos búlgaros, baixo o mando dos xenerais Vasil Kutinchev e Radko Dimitriev, respectivamente, estaban despregados na fronteira con Serbia co 5º exército do xeneral Stefan Toshev, preto de Kyoustendil, e co 4º exércitroexército, na rexión de Kotchani e Radoviš. O 2º exército, baixo o mando do xeneral Nikola Ivánov, estaba despregado fronte ao exército grego.
 
O exército do [[Serbia|Reino de Serbia]] contaba con 348.000 homes, dos que 252.000 eran combatentes,<ref name="Hall117">Hall (2000), páx. 117</ref> divididos en dous exércitos e dez divisións. O groso destas forzas estaba despregado ao longo do río [[Vardar]] e nas proximidades de [[Skopje]]. O seu comandante en xefe era [[Pedro I de Serbia]] pero o verdadeiro xefe dos exércitos era Radomir Putnik.
 
Ao comezo de xuño de 1913, o exército do [[Grecia|Reino de Grecia]] estaba composto por 142.000 soldados repartidos en nove divisións. Oito divisións estaban dispostas en arco en Macedonia, e a outra estaba acantonada no [[Epiro]]. Ao comezo das hostilidades, esta división foi trasladada para a fronte de Macedonia. Como en Serbia, o comandante en xefe era o rei, [[Constantino I de Grecia]], que delegou a condución das operacións no xeneral [[Ioánnis Metaxás]].
 
O [[Montenegro|Reino de Montenegro]] enviou una división de 12.000 homes á fronte de Serbia.
 
O [[Romanía|Reino de Romanía]] mobilizou a 330.000 homes, dos que 80.000 debían ocupar a [[Dobruxa|Dobruxa do Sur]] e o resto do exército tiña por misión levar a ofensiva cara á [[Sofía - София|Sofía]].<ref name="Hall117"/>
 
O [[Imperio otomán]] entrou en guerra con 255.000 homes.