Sandiás, Sandiás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Lugares e Parroquias +Lugares e parroquias)
Liña 20:
Nesta parroquia atópase a [[Igrexa de Santo Estevo de Sandiás|igrexa parroquial de Santo Estevo]]. Foi construída polo mestre de cantería [[Bartolomeu de Nosendo]] antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en [[Santarem]], ou a parroquial de Batalha.
 
O [[retablo maior de Santo Estevo de Sandiás]] foi realizado entre o ano [[1603]] e o [[1607]] polo entallador [[Xoán Fernández]] "O Mozo" e o escultor [[Francisco de Moure]]. Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.
 
===Ermida de San Bieito de Uceira===