Segunda guerra balcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 21:
}}
 
A '''segunda guerra balcánica''' ou '''segunda guerra dos Balcáns''', que durou do [[16 de xuño]] ao {{data|18|8|1913}} opuxo a [[Bulgaria]] contra os seus antigos aliados, [[Serbia]] e [[Grecia]], descontentos do reparto das ganancias territoriais da [[Primeira guerra balcánica]]. A nova guerra provocou a entrada nela de [[Romanía]], entón en diferente bando con respecto a Bulgaria. Cando as tropas romanesas se aproximaban á capital, [[Sofía]], Bulgaria pediu o armisticio, que acabou no [[Tratado de Bucarest (de 1913)|Tratado de Bucarest]], no cal Bulgaria cedeu a maior parte dos territorios conseguidos na primeira guerra balcánica a Serbia, Grecia, Romanía e o Imperio otomán.
 
A guerra provocou a ruptura da alianza ruso-búlgara, deixando a Serbia como única aliada de Rusia na rexión. Por iso Serbia recibiu o total apoio de Rusia cando a crise de xullo de [[1914]] <ref>Consecuencia do atentado de Saraievo.</ref> que conduciu á [[Primeira Guerra Mundial]].
Liña 29:
Durante a [[Primeira guerra balcánica]], a [[Liga balcánica]], constituída por Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria estaba decidida a expulsar aos otománs das súas provincias europeas ([[Albania]], [[Macedonia]], o [[Sandžak]] e [[Tracia]]), non deixándolles máis que os territorios ao leste da liña [[Enez]]-[[Kıyıköy]] (Enos-Midia) e a [[península de Galípoli]].
 
O artigo 2º do [[Tratado de Londres de 1913|Tratado de Londres]], asinado o {{data|30|5|1913}} indica que "Súa Maxestade o Emperador dos Otománs cede ás Súas Maxestades os Soberanos Aliados todos os territorios do seu Imperio no continente de Europa ao oeste dunha liña trazada de [[Enez|Enos]] no [[mar Exeo]] a [[Kıyıköy|Midia]] no [[mar Negro]], coa excepción de Albania".<ref>[http://en.wikisource.org/w/index.php?itle=Treaty_of_London_-_Peace_Treaty_between_Greece,_Bulgaria,_Serbia,_Montenegro_and_the_Ottoman_Empire Tratado de Londres].</ref> Como non estaba definida ningunha fronteira entre os membros da liga, as relacións entre os vencedores deterioráronse rapidemente debido a desacordos nesta cuestión.
 
Durante as negociacións de antes da guerra que levaron á creación da Liga balcánica, Serbia e Bulgaria asinaran un acordo secreto o {{data|13|3|1912}} concernente á futura fronteira en Macedonia que debía pasar por unha liña [[Kriva Palanka]]-[[Ohrid]] (esta dúas vilas volvíanse aos búlgaros) deixando a parte máis grande da [[Macedonia|Macedonia do Vardar]] en mans de Bulgaria. A política búlgara era asinar tal acordo para impedir a expansión de Serbia, negándose a asinar un acordo do mesmo tipo con Grecia, crendo que o seu exército podería conquistrar a maior parte de Macedonia e o porto de [[Salónica]] antes que os gregos. Infelizmente para ela, os serbios conseguiron invadir unha zona moito máis ao sur que o previsto polo tratado, até a liña [[Bitola]]–[[Gevgelija]]. A zone en disputa debería resoñlverse mediante unha arbitraxe de Rusia. Así mesmo, os gregos lograron apoderarse do puerto de Salónica, xusto antes que os búlgaros e establecer unha fronteira común cos serbios. [[Ficheiro:PosicionesPrimeraGuerraBalcánica.svg|thumb|esquerda|300px|Posicións dos belixernates á fin da [[Primeira guerra balcánica]] (1913).]]