Evaristo Martelo Paumán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
Fillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, era descendente do poeta e almirante [[Pai Gómez Chariño]], fixo estudos para mariño, pero finalmente dedicouse ao Dereito. A vida de Evaristo Martelo transcorreu entre a Casa do Arco en [[Laxe]], o pazo dos Andeiro en [[Rianxo]], o [[castelo de Vimianzo]] (que el mercou) e o [[pazo de Ombre]]. Membro da nobreza, foi [[Marqués de Almeiras]] e Vizconde de Andeiro.
 
Era un dos contertulios da [[Cova Céltica]] coruñesa, na que participaba con [[Eduardo Pondal]], con quen trabou unha grande amizade, influíndo na súa obra. Fixo gala dun patriotismo galego exemplar, sobre todo na defensa do idioma, ao que cualificaba como "fala de reis". Foi membro da [[Real Academia Galega]] ([[1921]]-[[1928]]).
 
==Obra en galego==