Utah: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Elimino: ks:यूटाह
m →‎1849 - 1896: arranxiños
Liña 75:
Ao longo de 1849 e de [[1850]], os mormóns presionaron ao goberno americano a facer con que ''Deseret'' fose elevado á categoría de Estado. Porén, o [[Congreso dos Estados Unidos|Congreso americano]] rexeitou os pedidos. Isto porque a grande maioría dos [[Senado dos Estados Unidos|senadores]] e [[Casa dos Representantes dos Estados Unidos|representantes]] eran contra a [[poligamia]] - práctica acepta e común entre os mormóns. Estímase que entón 20% da poboación de ''Deseret'' practicaba a poligamia. Porén, a cuestión da [[escravitude]] no país fixo con que o ''Territorio de Utah'' fose criado en 1850 polo goberno americano, nomeado atrás da tribo ''ute'' que vivía na rexión. Este territorio xa tiña entón os actuais limites occidentais e orientais. Young tornouse o primeiro gobernador do territorio.
 
Ata a [[década de [[1850]], as relacións entre os indíxenas de Utah e os mormóns foron boas. Porén, en [[1853]], un xefe indíxena ute, ''Walker'', iniciou a atacar comunidades mormóns, iniciando a [[Guerra de Walker]], que perdurou por un ano, ata que Young conseguiu convencer Walker a parar cos ataques.
 
Moito do Congreso americano, ben como o propio presidente á época, [[James Buchanan]], querían remover os mormóns do goberno do Utah. Buchanan, en [[1857]], decidiu nomear un novo gobernador para o territorio, indicando [[Alfrend Cumming]] da [[Xeorxia - Georgia|Xeorxia]] como novo gobernador. Tropas enviáronse para garantir o cumprimento da substitución, iniciando a ''[[Guerra Mormón]]''. En setembro de 1857, os mormóns, xuntamente cun grupo de aliados indíxenas, atacaron un grupo de 140 persoas, do [[Arkansas]] e do [[Misouri]], que estaban indo para a [[California]]. Estas persoas eran na súa maioría anti-mormóns asumidos. Os mormóns mataron todos os viaxantes, con excepción de [[neno]]s. Este incidente tornouse coñecido nacionalmente como o [[Masacre de Meadows]]. Foi soamente na [[primavera]] de [[1858]] que as tropas federais chegaron á rexión, e axiña a guerra tivo fin. Aínda que Young non fora máis o gobernador do Utah, era así considerado polos habitantes do territorio. Grandes tensións existiran entre a poboación mormón e as tropas americanas que ocuparon o Utah por tres anos, e que saíran do territorio en [[1861]], co advento da [[Guerra Civil Estadounidense]].
 
Ao longo da [[década de [[1860]], o goberno americano cedeu partes de Utah para outros novos territorios recén-criados, como [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], [[Nevada]] e [[Wyoming]]. En [[1868]], o Utah asumiu o seu actuais limites territoriais. En [[1865]], a [[Guerra Black Hawk]] tivo inicio, novamente entre os mormóns e a tribo indíxena ute, liderada polo xefe indíxena ''Black Hawk''. A guerra perdurou por dous anos, ata [[1867]], período na cal outras tribos indíxenas xuntáronse á causa dos utes: o de reconquistar as terras capturadas polos mormóns. En 1867, o xefe indíxena Black Hawk, vendo que non tiña ningunha oportunidade de vitoria, concordou en renderse ao goberno americano. A maioría dos indíxenas de Utah entón colocouse en reservas indíxenas. Ocasionais ataques indíxenas perduraron ata [[1873]].
 
Salt Lake City tornouse un polo de comunicacións en [[1860]], co inicio do transporte de [[correo]]s entre [[St Joseph, Misuri|St Joseph]] e [[Sacramento, California|Sacramento]], con escala en Salt Lake City. En [[24 de outubro]] de [[1861]], dúas liñas de [[Telégrafo eléctrico|telégrafo]], unha vido de [[Washington, DC]] e a outra de [[San Francisco]], conectáronse en Salt Lake City, inaugurando a primeira liña de telégrafo transcontinental do país. Dous días despois o transporte de correos parou de operar.
 
En [[1862]], o Congreso americano aprobou unha lei válida en todo o país, que prohibía a práctica da poligamia. O goberno americano enviou neste ano ao Utah tropas, baixo o comando de [[Patrick E. Conner]]. Este, en Utah, incentivou os seus soldados a buscaren minerais na rexión. Conner, un anti-mormón, esperaba que a descuberta de metais preciosos na rexión puidese atraer millares de non-mormóns na rexión, así reducindo o poder dos mormóns no Utah. En [[1863]], [[ouro]] e [[prata]] foron descubertos, aínda que a inexistencia dunha [[ferrovía]] no territorio fixerse con que a extracción destes metais tornásese dispendiosa. Poucas empresas interesáronse na minería destas reservas, e poucas persoas instaláronse no Utah. En [[1863]], dúas compañías ferroviarias iniciaron a construción de dúas ferrovías. A ''[[Central Pacific Railway]]'' iniciou unha a construción de ferrovía partindo de Sacramento en dirección a lete e a ''[[Union Pacific Railway]]'' iniciou a construción doutra ferrovía, partindo de [[Omaha, Nebraska|Omaha]], [[Nebraska]], en dirección ao leste. En [[10 de maio]] de [[1869]], estas dúas ferrovías xuntáronse en [[Promenade (Utah)|Promenade]]. Axiña, foron construídas outras ferrovías no Utah, a minería de metais preciosos estoupou, e a poboación de Utah comezou a crecer axiña.
 
Co crecemento populacional do Utah, a poboación da rexión pasou a presionar ao Congreso americano para que o Utah fose elevado á categoría de Estado. Estes pedidos foron novamente rexeitados, por causa da grande poboación polígama do territorio. Durante a [[década de 1880]], o goberno americano iniciou o cumprimento das leis anti-poligamía no Utah, facendo con que centenas de mormóns fosen presos ou multados. Alén diso, o goberno americano aprobou en [[1887]] unha lei que autorizaba o goberno a remover propiedade da Igrexa dos Últimos Santos para a construción de [[escola]]s. Todos estes factores fixeron que en [[1890]], o líder da Igrexa, [[Wilford Woodruff]], recomendase aos seus mormóns que non practicasen máis a poligamia. Catorce anos despois, en [[1904]], a Igrexa prohibiría definitivamente a práctica da poligamia por parte dos seus membros.