Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Orixes: Raza negra
 
=== Orixes ===
As orixes do racismo son controvertidas. O fenómeno ocorre na maioría de [[etnia]]s e países. Un exemplo típico de racismo ocorreu cando o [[Xapón]], pouco antes da [[Segunda Guerra Mundial]], atinxiu un desenvolvemento económico social equivalente ós países máis adiantados económica e tecnoloxicamente. O pobo xaponés comezou entón a se comportar de forma extremadamente racista con respecto doutras nacionalidades, os estranxeiros en terras xaponesas non eran benvidos. Da mesma maneira que ocorreu no Extremo Oriente, no mundo occidental tamén houbo fenómenos extremadamente violentos ligados ao racismo. Na [[América]], en especial nos [[Estados Unidos de América]], o racismo chega ós extremos en contra dos [[Raza negra|negro]]s e dos [[América Latina|latinos]], en especial no sur do país. Ata a década de [[1950]], nos [[Estados Unidos de América|EUA]] acontecía que se asasinaba a negros, enforcándoos nas árbores, sen xuízos, sen que os autores destes asasinatos fosen castigados. Había, e hai, mesmo unha sociedade secreta, o [[Ku Klux Klan]], co obxectivo de perseguir e ''axustizar'' os negros.
 
==== A tentativa de explicación da superioridade racial ====
No [[século XIX]] houbo unha tentativa científica para explicar a superioridade racial a través da obra do [[conde de Gobineau]], intitulada ''Essai sur l'inégalité des races humaines (Ensaio sobre a desigualdade das razas humanas)''. Nesta obra o autor sustentou que da [[raza aria]] naceu a aristocracia que dominou a civilización europea e cuxos descendentes eran os señores naturais das outras razas inferiores.
 
=== O nazismo ===
97.955

edicións