Bíceps braquial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
engado ligazóns
Liña 1:
[[Ficheiro:Biceps brachii.png|thumb]]
{{Outroshomónimos|Bíceps (homónimos)}}
O '''bíceps braquial''' é un [[músculo]] do [[membro superior]] humano. Ao igual có [[fémur|femoral]], está composto por unha porción curta e unha longa. Insírese superiomente na [[escápula]] e inferiormente no [[radio]]. Forma parte do plano muscular superficial do [[brazo]].
 
== Insercións ==
* '''Superiores''':
** Da porción longa: Tubérculo supraglegnoideo da [[escápula]].
** Da porción curta: Apófise coracoide da escápula.
* '''Inferiores''': Un único tendón insírese na [[radio (óso)|tuberosidade radial]].
 
== Traxecto e relacións ==
A porción curta sae da apófise coracoide levando por dentro o [[músculo coraco-braquial]]. Atravesa a canle bicipital, tapado polo [[ligamento de Gordon-Brodie]]. Tras pasar pola canle únese coa porción longa formando unha única masa muscular. Neste momento, o bíceps cobre o [[braquial anterior]] e entre eles discorre o [[nervio musculocutáneo]], que inerva a ambos músculos e tamén ó [[músculo coraco-braquial|coraco-braquial]]. Superficialmente, relaciónase co sistema venoso superficial do brazo, coa [[vea cefálica]] por fóra e coa [[vea basílica]] por dentro. Na parte máis inferior a masa muscular diminúe de diámetro e fórmase o tendón bicipital. Este tendón limita por fóra a canle bicipital interna e por dentro a canle bicipital externa. Xa no antebrazo, o tendón insírese na parte postero-lateral do [[radio (óso)|tubérculo radial]].
 
== Funcións ==
* Flexor do [[antebrazo]] sobre o [[brazo]]
* Supinador do [[antebrazo]]
 
== Inervación e vascularización ==
* Inervación: [[Nervio musculocutáneo]].
* Vascularización: [[Arteria umeral]].