Fonoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
m halófonos -> alófonos
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Tanto a Fonoloxía como a [[Fonética]] teñen como obxecto de estudo os aspeitos sonoros do [[signo lingüístico]] e o nome das dúas deriva da palabra grega ''phonos'' ("voz" ou "son"). A Fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da [[língua]], do [[sistema]], da [[forma]]. Para a Fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. As unidades da Fonoloxía, os [[fonema]]s, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha [[comunidade de fala]].
 
:Por exemplo, nas palabras ''vai'' e ''avó'' as [[consoantes]] son distintas do punto de vista [[articulación|articulatorio]] e das características físicas, pois ainda que as dúas son [[bilabial|bilabiais]] e [[sonoro|sonoras]], a primeira é [[oclusiva]] e a segunda [[fricativa]]. Son foneticamente dous sons diferentes. Sen embargo, desde o punto de vista do sistema do galego esta diferenza non é distintiva e polo tanto ambas as dúas realizacións realizan un único fonema desde o punto de vista da fonoloxía. Noutros idiomas a distinción si podería ser pertinente. Así, por exemplo, a distinción entre e [[aberto]] e e [[fechado]] é estudada pola Fonoloxía en galego, pois hai palabras como presa (apuro e barraxe) que se diferenzandiferencian por ese fonema, pero non o é en español, onde só é obxecto de descrición fonética.
 
Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a Fonoloxía non se podería descobrir o verdadeiramente sistemático da língua e sen a fonética a fonoloxía non se podería ter desenvolvido. Encanto a Fonética se ocupa de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a materia fónica, a Fonoloxía ocúpase dos sons que posúen un valor diferenciador de [[significado]]s.